O curso 2015-2016 chegou ao seu fin, así que non queda máis que dicir iso de "Bo verán Revoltiñ@s!". A pasalo moi ben nestas vacacións tan merecidas! Vémonos en setembro coas pilas cargadas!
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2015/2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2015/2016. Mostrar todas las entradas
miércoles, 22 de junio de 2016
DESPEDIDA DE ROCÍO!
Pequechiños!
Como xa vos escribín nesas notiñas que nuns aniños chegaredes a entender, dicía un proverbio hindú que "Cos meus mestres aprendín moito; cos meus compañeiros máis; cos meus alumnos aínda máis". Grazas por deixar que fose a vosa mestra nestes nove meses marabillosos, grazas por ensinarme tanto neste camiño que comecei a percorrer da vosa man. Grazas por eses "Rocíoooooo!" acompañados dalgún que outro piropo cos que me recibíades cada mañá, por eses achuchóns de koala, por todas as flores que me trouxéchedes, polos debuxos que me fixéchedes, por cada sorriso, por cada mirada de ilusión cada vez que facíades un novo descubrimento, polas vosas ganas de aprender, esas que cada día me daban forzas para ensinar. GRAZAS POR TODOS OS MOMENTOS, GRAZAS POR FACERME TAN FELIZ!
Nun par de meses non poderei cruzar a porta que me leve á vosa aula. A vós espéravos unha nova mestra, a min uns novos alumnos, pero tede por seguro que sempre estaredes moi presentes. Espero que cada un de vós garde un cachiño de min, como eu levo unha gran parte de todos vós.
Por suposto, non me podía esquecer dos outros pequechiños, cos que non compartín tantas horas, pero si moitos momentos. Ao final, isto é como unha gran familia onde todos nos queremos incondicionalmente. Tamén formades parte dos meus recordos, e no meu corazón tendes o voso sitio reservado para sempre.
Moitas grazas a ti, Mari, por axudarme tanto, ensinarme a ser un pouquiño mellor profe, e por TODO o demais.
Grazas tamén ás familias, pola vosa colaboración ao longo do curso, e por esas rosas que cada un deles me entregou.
Ata sempre Revoltiñ@s! Espero seguir cruzándome con cada un de vós, para ver cómo medrades e como pouco a pouco ides acadando os vosos soños, para estar orgullosa do lonxe que ides chegar.

Rocío
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2015/2016,
Despedidas
DESPEDIDA DE Mª CARMEN!
Queridos Revoltiñ@s:
Estou moi orgullosa de ter sido a vosa mestra. Moitas grazas por todos os agasallos, por ese vídeo sorpresa tan fermoso que fixéchedes, co que tanto me emocionei, e moitas grazas, sobre todo, por ensinarme tanto cada día. Sodes estupend@s! Grazas tamén ás familias e ás compañeiras, en especial a Rocío! E moita sorte aos graduad@s na nova etapa que comezades!
Espero que no voso corazón haxa un anaquiño para min; no meu hai un sitiño para cada un/unha de vós!
Unha aperta! Boas vacacións!

Mª Carmen
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2015/2016,
Despedidas
GRADUACIÓN!
Esta mañá tamén celebramos a graduación das nenas e dos nenos de 5 anos, que no próximo curso comezarán unha nova aventura en 1º de Educación Primaria! Moita sorte nesta nova etapa Adrián, Amina, Antón, Elaisa, Estela, Lara, Leonardo e Sofía! Os Revoltiñ@s botarémosvos moito de menos!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2015/2016,
FESTIVAL FIN DE CURSO,
Fin de curso,
graduación
FESTIVAL DE FIN DE CURSO!
Esta mañá despedimos este curso 2015-2016 cunha actuación moi animada, recordando os éxitos do verán das últimas décadas. Esperamos que vos gustase o noso remix! Aquí vos deixamos os nosos bailes!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2015/2016,
FESTIVAL FIN DE CURSO,
Fin de curso
VALARÉS!
Un ano máis o CPI "As Revoltas" celebrou a súa xornada de convivencia en Valarés.
Os nen@s de Educación Infantil esperamos aos nosos compañeir@s xogando moi animadamente no areal.
Cando eles chegaron, puidemos degustar unha rica merendola!
E tras xogar un pouquiño máis, abandonamos a area para comer os nosos bocadillos!
E de postre? Uns ricos xeados!
Cando eles chegaron, puidemos degustar unha rica merendola!
E tras xogar un pouquiño máis, abandonamos a area para comer os nosos bocadillos!
E de postre? Uns ricos xeados!
FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO MOI BEN!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2015/2016,
excursión,
Saídas,
Valarés
ÚLTIMA SEMANA: INCHABLES E MAGO!
Este luns os Revoltiñ@s pasámolo moi ben no colexio! Primeiro divertímonos como nunca nun inchable con pelotas!
E logo coñecemos ao Mago Álex, que nos deixou impresionados cos seus trucos de maxia!
ADEUS UNIVERSO!
Durante estas últimas semanas estivemos aprendendo un pouquiño máis sobre o Universo. Aquí vos deixamos algunhas fotiños!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2015/2016,
Universo
viernes, 17 de junio de 2016
VIAXAMOS EN TREN!
Esta mañá os Revoltiñ@s subimos ao tren turístico para percorrer un tramo da nova autovía da Costa da Morte, observando todo o que alí se atopaba (materiais, aparellos, máquinas, traballadores...) e escoitando moi atentos as explicacións da enxeñeira e escritora María Canosa. Ademais, contamos cunha invitada moi especial: Lucía, a mamá de Raúl, que como xa nos contou na súa visita de fai uns meses, era unha das topógrafas que traballaba neste proxecto. Pasámolo moi ben!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2015/2016,
excursión,
Saídas
martes, 14 de junio de 2016
REGALOS DE ANIVERSARIO
Os nenos e nenas que cumpren nos meses de verán, xa levaron para as súas casas os seus regalos de aniversario, feitos polos propios compañeir@s!
Que será o que hai neses paquetes? Gustouvos?
MOITAS FELICIDADES!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
cumpreanos,
CURSO 2015/2016
viernes, 10 de junio de 2016
ANIVERSARIOS
Esta mañá os Revoltiñ@s celebramos o aniversario dos nenos e nenas que cumpren anos nos meses de verán: Yanira facía 4; Mauro, Nerea, Raúl, Uxía e Vítor cumprían 5; e Amina, Antón e Leonardo, xa celebraban os 6!
Fixemos unha gran festa, onde sopramos as velas dunha rosca ben rica, mentres todos lle cantabamos o "Cumpreanos Feliz" aos nenos que estaban de aniversario. Pasámolo moi ben todos xuntos!
MOITAS FELICIDADES E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
cumpreanos,
CURSO 2015/2016
jueves, 9 de junio de 2016
VÍDEOS DO UNIVERSO!
Durante estas semanas estamos aprendendo moito sobre o Universo. Para aclarar algunhas das nosas dúbidas e descubrir novos aspectos desta temática, esta mañá vimos algún que outro vídeo. Aquí volos deixamos por se lle queredes botar un ollo nas vosas casas.
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2015/2016,
Universo,
vídeos
HOXE VISITOUNOS... O PAPÁ DE MARÍA, FELIPE E NICOLÁS!
Está mañá, tivemos unha visita moi especial. De novo veu ás nosas aulas Juan, o papá de María, Felipe e Nicolás. Falounos dos distintos medios de transporte que necesitaban rodas como coas que el traballaba, repasamos algunhas normas de seguridade e descubrimos unha roda que aínda pinchada, permitíanos seguir conducindo. Bridgestone DriveGuard leva por nome!
Por estar tan atentos ás súas explicacións, María, Felipe e Nicolás agasalláronnos cuns chaveiros e unhas gorras que nos gustaron moito!
Ademais, regalounos tamén uns lapis de cores cos que pintamos os coches do futuro tal e como nolos imaxinabamos!
MOITAS GRAZAS POLA VISITA!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2015/2016,
familia,
oficios
lunes, 30 de mayo de 2016
Esta mañá, un rapaz e unha rapaza de 3º da ESO viñeron ás nosas aulas traernos un fermoso agasallo, para agradecernos a exposición que lle fixemos fai unhas semanas sobre o Antigo Exipto.
"Mi primer atlas de personas". Así se titula o libro que nos regalaron, e aquí tendes un pequeno resumo. Nós compartirémolo coma bos compañeir@s, por iso cada semana estará nunha clase!
"Mi primer atlas de personas". Así se titula o libro que nos regalaron, e aquí tendes un pequeno resumo. Nós compartirémolo coma bos compañeir@s, por iso cada semana estará nunha clase!
MOITAS GRAZAS! ENCANTOUNOS!
sábado, 28 de mayo de 2016
IMOS DE EXCURSIÓN!
Este venres, os Revoltiñ@s subimos de novo ó bus para saír de excursión. Desta vez, o noso destino foi A Coruña e, máis tarde, Arteixo.
Antes de entrar, todos xuntos tomamos unha pequena merenda.
Xa no Planetario puidemos ver "A noite do vampiro", onde coñecemos ao Conde Von Siro e ao seu axudante Dagoberto, o encargado de construír o Kinké Catódico Bicéfalo, un simulador que nos permitiu descubrir qué hai no ceo pola noite e que nos fixo viaxar polo Sol, a Lúa, as estrelas, os planetas, as galaxias, as constelacións, os buracos negros...
E aproveitando a visita, tamén fixemos un pequeno percorrido pola Casa das Ciencias.
E así pasou a mañá, tan rápido que cando nos demos conta xa era hora de comer!
E como estabamos nun centro hípico, cando rematamos aproveitamos para subirnos a un coche de cabalos que alí había! Nunca o fixeramos e estabamos emocionados!
Aínda que pronto comezou a chover, polo que tivemos que volver dentro para xogar un pouquiño máis!
Cando escampou, decidimos visitar as cuadras. Alí puidemos ver dous grandes cabalos, o lugar onde durmen, a súa comida, algunhas das súas mantas, a súa ducha...
Logo, puidemos correr como cabaliños e saltar os seus obstáculos!
E antes de marchar, visitamos a Lucero!
Antes de entrar, todos xuntos tomamos unha pequena merenda.
Xa no Planetario puidemos ver "A noite do vampiro", onde coñecemos ao Conde Von Siro e ao seu axudante Dagoberto, o encargado de construír o Kinké Catódico Bicéfalo, un simulador que nos permitiu descubrir qué hai no ceo pola noite e que nos fixo viaxar polo Sol, a Lúa, as estrelas, os planetas, as galaxias, as constelacións, os buracos negros...
E aproveitando a visita, tamén fixemos un pequeno percorrido pola Casa das Ciencias.
E como estabamos nun centro hípico, cando rematamos aproveitamos para subirnos a un coche de cabalos que alí había! Nunca o fixeramos e estabamos emocionados!
Aínda que pronto comezou a chover, polo que tivemos que volver dentro para xogar un pouquiño máis!
Cando escampou, decidimos visitar as cuadras. Alí puidemos ver dous grandes cabalos, o lugar onde durmen, a súa comida, algunhas das súas mantas, a súa ducha...
Logo, puidemos correr como cabaliños e saltar os seus obstáculos!
FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO MOI BEN!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2015/2016,
excursión,
Saídas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)