Estou moi orgullosa de ter sido a vosa mestra. Moitas grazas por todos os agasallos, por ese vídeo sorpresa tan fermoso que fixéchedes, co que tanto me emocionei, e moitas grazas, sobre todo, por ensinarme tanto cada día. Sodes estupend@s! Grazas tamén ás familias e ás compañeiras, en especial a Rocío! E moita sorte aos graduad@s na nova etapa que comezades!
Espero que no voso corazón haxa un anaquiño para min; no meu hai un sitiño para cada un/unha de vós!
Unha aperta! Boas vacacións!
Mª Carmen
No hay comentarios:
Publicar un comentario