Está mañá, tivemos unha visita moi especial. De novo veu ás nosas aulas Juan, o papá de María, Felipe e Nicolás. Falounos dos distintos medios de transporte que necesitaban rodas como coas que el traballaba, repasamos algunhas normas de seguridade e descubrimos unha roda que aínda pinchada, permitíanos seguir conducindo. Bridgestone DriveGuard leva por nome!
Por estar tan atentos ás súas explicacións, María, Felipe e Nicolás agasalláronnos cuns chaveiros e unhas gorras que nos gustaron moito!
Ademais, regalounos tamén uns lapis de cores cos que pintamos os coches do futuro tal e como nolos imaxinabamos!
MOITAS GRAZAS POLA VISITA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario