Mostrando entradas con la etiqueta aula 5 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aula 5 anos. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de junio de 2017

lunes, 22 de mayo de 2017

ANIVERSARIO DE MAIO

Este venres celebramos o aniversario de Sara, xa cumpríu 6 anos!
Soprou as velas do biscoito, cantámoslle, preparamos unha coroa...
Pasámolo moi ben!
PARABÉNS, SARA!



sábado, 11 de marzo de 2017

MESTÚRA-T

Este venres viñeron ao colexio desde a asociación ÍNTEGRO para concienciarnos dun tema tan importante como é a inclusión e a diversidade, mediante o programa Mestúra-T. Begoña e Noelia  contáronnos un conto chamado "Por catro esquiniñas de nada"; puxemos unhas "gafas" especiais coas que non viamos nada e tiñamos que sortear obstáculos; dialogamos...
Foi un taller moi divertido que nos permitíu poñerlos no lugar doutras persoas. 
Podedes ver o ben que o pasamos nas seguintes fotos e tamén vos deixamos o enlace á páxina da asociación, na que tamén fomos noticia.
Moitas grazas!
 








domingo, 19 de febrero de 2017

DÍA DA AMIZADE

Esta semana celebramos o DÍA DA AMIZADE. 
Agrupámonos por parellas e fixemos a actividade "Cousas que me gustan de ti", na que escribimos en tarxetas características que nos gustaban dos nos@s compañeir@s e debuxámonos con el@s.
Tamén elaboramos unhas tarxetas moi "doces", coloreamos uns mandalas moi amorosos e traballamos co conto "Azul y Bertie", que trata sobre a amizade.



jueves, 26 de enero de 2017

SOMOS ARTISTAS!

O mércores convertémonos en artistas e coloreamos libremente  parte do corredor.
Encantounos!

 

sábado, 21 de enero de 2017

CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Este xoves celebramos os aniversarios de Idania e María, que xa cumpriron 6 anos.
Cantámoslles, fixeron coroas, comemos biscoito e churros... Pasámolo moi ben!
Parabéns Idania e María!





lunes, 31 de octubre de 2016

O CONTO DE MEDO DOS XIGANTES

A semana pasada, @s nen@s da aula de 5 anos inventamos un conto de medo, propio destas datas.
Atrevédesvos a lelo?





viernes, 28 de octubre de 2016

CABAZAS TERRORÍFICAS

Unha das actividades que fixemos esta semana na aula de 5 anos foi decorar unhas cabazas: coloreámolas, puxémoslle ollos, eliximos a boca que máis nos gustou e por último, colocámoslle os dentes.
Quedaron terroríficas!!! 


domingo, 23 de octubre de 2016

FOLLAS DIVERTIDAS

Pegamos nun folio unha das follas que recollemos e intentamos darlle vida (puxémoslle ollos, boca, brazos, pernas... e ata algún lazo!).
Quedaron moi simpáticas!



SOMOS ARTISTAS

Na aula de 5 anos estivemos traballando a partir dos cadros de  Arcimboldo. 
Nesta ocasión, recortamos froitas e verduras e pegámolas sobre unhas  fotos nosas  en branco e negro.
Estamos feitos uns/unhas artistas!

domingo, 22 de junio de 2014

GRADUACIÓN

Despois das actuacións chegou o momento da graduación d@s Revoltiñ@s da aula de 5 anos.
Foron subindo ó escenario co seu birrete e a mestra Irene entregoulles un diploma e unha orla.
Que maiores son!!!