Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O sábado celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 
Nesta ocasión os nenos e nenas de 1º da E.S.O. viñeron contarnos aos de Educación Infantil contos coeducativos. Para a actividade dividímonos en pequenos grupos.
Ademais tiñan unha sorpresa, xa que nos  agasallaron  con globos morados.
Aquí vos deixamos unhas fotografías da actividade.
 
 
 

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O luns celebrouse o Día Universal da Infancia. En Educación Infantil quixemos traballar esta temática, adaptándoa á idade dos Revoltiños e Revoltiñas. 
Vimos no EDI unha adaptación do conto "Café dulce, café amargo" e despois de comentalo pensamos nos dereitos que deberían ter todos os nenos e nenas do mundo. 
Plasmámolos na flor que podedes ver nas imaxes. Os nenos e nenas de 3 anos fixeron a base  con cores, utilizando pintura de dedos e os de 4 e 5 escribiron os dereitos que propostos e ademais elaboraron un libro con eles.

 

domingo, 27 de noviembre de 2016

LECTURAS POLA IGUALDADE

Este venres, celebrouse o día contra a violencia de xénero. Aínda que cada día intentamos respectarnos, independentemente do noso xénero,  fixemos varias actividades relacionadas con este tema.
Varias nenas da ESO contáronnos contos sobre a igualdade. Estivemos moi atent@s. E agasalláronnos cuns preciosos globos.






E tamén participamos nun vídeo conxunto, chamado: No CPI As Revoltas rompemos cos estereotipos. Podedes velo pinchando no seguinte enlace.


martes, 25 de noviembre de 2014

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como cada 25 de novembro celébrase o Día contra a violencia de xénero.
Tanto no  centro como  en Educación Infantil  fixemos diversas actividades: falamos da importancia de cumprir normas básicas de convivencia (adaptado á idade d@s nen@s), resaltamos valores como a tolerancia e o respecto; vari@s nen@s da ESO contáronnos dous contos sobre esta temática ("O meniño Nito: Entón os homes choran ou non? " e "Un día de Treboada"); agasalláronnos con globos; tamén aprendemos que a cor que representa este día é a violeta e puxemos uns lazos desa cor.
Moitas grazas ós alumn@s da ESO  pola vosa  colaboración e tamén á mestra Silvana.







 

sábado, 19 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Na aula de 3-4 anos preparamos unhas bandeiras galegas e fixemos estas fichas de Valentín Paz Andrade.



LETRAS GALEGAS 2012

Durante esta semana fixemos algunhas actividades relaciondas coas Letras Galegas: traballamos sobre Valentín Paz Andrade (autor homenaxeado este ano); fixemos unha presentación en power point sobre Rosalía de Castro e o poema "Adiós ríos, adiós fontes" ... Aquí van algunhas fotos dos nosos traballos!!!









sábado, 5 de mayo de 2012

FELIZ DÍA DA NAI

QUERIDAS MAMÁS:
@S REVOLTIÑ@S DESEXÁMOSVOS UN FELIZ DÍA DA NAI!!!
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN OS AGASALLOS QUE VOS FIXEMOS CON TODO O AGARIMO DO MUNDO.

lunes, 7 de noviembre de 2011

MAGOSTO

Hoxe celebramos o Magosto no centro. Fixemos varios xogos: "a castaña de guante guante", "o comecastañas" e "os cucuruchos". Comemos unhas saborosas castañas e pasámolo estupendamente nesta tarde soleada de outono.





jueves, 2 de junio de 2011

FESTA VOZ NATURA

O vindeiro sábado, 4 de xuño, celebrarase a FESTA DE FIN DE CURSO 2011, de VOZ NATURA.

Terá lugar no parque deportivo de Acea de Ama - Culleredo - A Coruña. Comezará ás 11:00 da mañá e acabará ás 19:30 horas.

Haberá xogos, talleres, actividades culturais ... e unha estupenda exposición sobre os espectaculares traballos realizados nos centros participantes en Voz Natura, entre os que se atopa o CPI As Revoltas. Seguramente a nosa rá favorita, Pepiña, estará alí...



jueves, 19 de mayo de 2011

A FLOR COS NOMES DE ANIMAIS EN GALEGO

Esta semana fixemos unha actividade para conmemorar as Letras Galegas: consistíu en que @s nen@s de cada aula do colexio decoramos unha flor e en cada pétalo tiñamos que poñer nomes (a nós tocáronnos os animais). Aquí van unhas fotografías!


martes, 17 de mayo de 2011

ASÍ VEMOS A LOIS PEREIRO NA AULA DE 5 ANOS

A semana pasada estivemos facendo actividades relacionadas con Lois Pereiro. Aprendemos moitas cousas sobre el usando o encerado dixital interactivo (quebracabezas, contos...). Tamén aprendemos o que é unha caricatura e intentamos facer unha sobre este autor. Qué vos parece?

lunes, 16 de mayo de 2011

MARCAPÁXINAS PRIMAVERAIS

Esta semana fixemos uns marcapáxinas moi primaverais. Primeiro coloreamos paus con pintura de dedo. Cando secou pegamos fieltro en forma de flor. E xa están listos!






APRENDEMOS COS TRABALLOS DE 4º A

Esta semana recibimos unha invitación d@s nen@s de 4ºA para ver os traballos que fixeron sobre as Letras Galegas. Aprendemos moitas cousas que non coñecíamos. A mestra Loli deixounos sentarnos nas sillas dos nenos e nenas, xa que eles ían en Educación Física. Qué mesas e sillas tan grandes teñen! Foi un momento moi divertido! Noraboa polo voso traballo!


domingo, 1 de mayo de 2011

O DÍA DA NAI NA AULA DE 5 ANOS

Durante toda a semana estivemos preparando, con moita ilusión e agarimo, os agasallos para as nosas mamás. Fixemos un libro, un xoieiro e decoramos unhas bolsas.

Esperamos que vos gustasen!

MOITAS FELICIDADES, MAMÁS!



DÍA DA NAI



Queridas mamás:


@s Revoltiñ@s desexámosvos un FELIZ DÍA DA NAI!











miércoles, 20 de abril de 2011

COELLOS DE PASCUA

A pasada semana, decoramos uns coellos de Pascua: coloreámolos e puxémoslle uns bigotes moi graciosos.

Para rematar a semana puxémonos moi contentos cando descubrimos que había unha sorpresa para nós: unhas bolsiñas con distintos tipos de chocolate.

Qué saborosos!