Mostrando entradas con la etiqueta 3--4-5 ANOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3--4-5 ANOS. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de mayo de 2019

VISITAMOS A CASA DOS PEIXES

Este martes fomos ata A Coruña, onde visitamos a Casa dos Peixes. 
Explicáronnos que alí viven algúns tipos de animais mariños:  estrelas e cabaliños de mar, morenas, medusas... Os que máis nos chamaron a atención foron o tiburón e as focas, ás que puidemos ver cando lles daban de comer. 
Observamos tamén que había algúns ósos de balea e ata unha silueta deste animal, que nos recordou á balea de Valarés. 
Chamáronnos a atención unha serie de figuras que estaban colgadas do teito e tamén na parede. Contáronnos que son figuras feitas con lixo (tapóns, cordas...) que se atopa nas praias, co cal entendemos o importante que é coidar o noso medio.
Tamén nos fixamos que cerca da Casa dos Peixes está a torre de Hércules.
Foi unha visita moi divertida!



domingo, 17 de febrero de 2019

UNHA BALEA EN VALARÉS!

No pasado mes de xaneiro apareceu en Valarés unha balea varada. Os revoltiñ@s coñececíamos esta noticia e mesmo nos achegáramos ata o lugar do suceso! Contámolo no cole e trouxemos noticias e imaxes da balea. Moitas gracias ás familias por colaborar nesta reportaxe! 






A través das noticias que trouxemos puidemos saber que a balea medía cerca duns 20m e queríamos saber canto era iso... Como é moi difícil imaxinar canto de largo son eses metros fomos unindo anacos de lá de 1m cada un! Case nos fai falta todo o corredor!






Tiñamos moita curiosidade por este animal e un día chegou ó cole un estraño elemento... Non sabíamos moi ben o que era así que fomos pasándoo de uns a outros. Algúns/as pensaban que era un óso dun dinosauro,  outros/as que era un dente de balea, un motor... Finalmente descubrimos que era un óso da columna vertebral dunha balea!











jueves, 31 de enero de 2019

NOTAS DE PAZ

No día de hoxe xuntámonos cos demais nenos e nenas do CPI para construir un mural de paz. Cada un/unha levaba unha nota musical con palabras relacionadas coa paz (en relación ao Proxecto Documental Integrado do centro), previamente coloreada e picada. 
Un representante de cada aula líu un tratado de paz que se fixo por clase. 





lunes, 2 de octubre de 2017

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

A semana pasada celebramos os aniversarios do mes de setembro. 
Os homenaxeados foron: Aroa e Lara (3 anos); Erika (4 anos); Kevin, Felipe, Nicolás e Sofía (5 anos).
Fixemos coroas, comemos uns saborosos biscoitos que nos trouxeron as nosas familias, cantamos... Pasámolo moi ben!
PARABÉNS PARA OS/AS HOMENAXEADOS/AS!
E moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!
Se pinchades no seguinte enlace escoitaredes unha canción.

jueves, 6 de abril de 2017

SEMANA CULTURAL

O mércores tamén tivemos un taller de barro. Moito nos gustou manipular o barro e facer figuras con el. 


lunes, 2 de enero de 2017

Chegamos ás 28000 visitas. Moitísimas grazas por seguirnos!


viernes, 28 de octubre de 2016

ENLACES SOBRE O SAMAÍN

Deixámosvos estes enlaces con cancións e xogos didácticos relacionados co Samaín. Non tedes máis  ca pinchar co rato no enlace.
Esperamos que vos gusten!
 





 



BO SAMAÍN

Aquí estamos, "posando" diante da exposición de cabazas, caixas terroríficas e sustos monstruosos. 
BO SAMAÍN!





DE PASEO POLO COLEXIO

Hoxe fomos ver as portas, cabazas e caixas  que fixeron os demais nen@s do colexio.
Estivemos moi atent@s e gustáronnos moito todas.
Como nos portamos moi ben e tamén en compensación ao esforzo desta semana, @s mestr@s déronnos un pequeno e doce premio...

 

 

CHEGOU O SAMAÍN AO CORREDOR DE EDUCACIÓN INFANTIL

Estes días  estivemos decorando o noso corredor con motivos de medo:  as portas das aulas convertéronse en monstros; fixemos  "sustos monstruosos"; elaboramos unha exposición de lecturas monstruosas (coa axuda da mestra Ana) e puxemos a exposición coas fantásticas e creativas cabazas e caixas terroríficas  que fixemos coas nosas familias.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! 
Podedes ver o resultado na seguinte presentación.


domingo, 23 de octubre de 2016

RECOLLEMOS FOLLAS

@s Revoltiñ@s aproveitamos que esta semana fixo bo tempo e saímos ao xardín do cole para recoller follas coas que despois fixemos algunhas actividades.
Que ben o pasamos!!!
 

martes, 11 de octubre de 2016

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Hoxe celebramos os aniversarios do mes de outubro. 
Merendamos uns saborosos biscoitos e zumes que trouxeron as familias; decoramos  coroas para @s homenaxead@s; cantamos...
E o xoves espéralles aínda unha pequena sorpresa...
Parabéns para Brais, Eliana, Pablo e Ane!!!  









OUTONO

Estivemos decorando as aulas e o  corredor de educación infantil  con motivos do outono. Coloreamos unha árbore enorme, puxémoslle  castañas e ourizos, pingas de auga... Tamén coloreamos follas e mandalas.
Gústavos como quedou?