Mostrando entradas con la etiqueta día internacional da muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día internacional da muller. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de marzo de 2016

HOXE VISITOUNOS... A MAMÁ DE RAÚL!

Onte, 8 de marzo, conmemoramos o Día da Muller, e nada mellor que celebralo coa visita dunha nova mamá traballadora... De quen estaremos falando?


Foi Lucía, a mamá de Raúl, a que chegou á nosa aula! El encargouse de presentala e de contarnos que a súa nai era topógrafa. Lucía chegou cargada con grandes fotografías dalgunhas das estradas que ela deseñara, e tamén outras das súas obras onde puidemos ver algunhas das máquinas coas que traballaba. Ademais, descubrimos a gran importancia do chaleco e do casco no seu traballo. O que máis nos gustou foi observar paisaxes ao lonxe a través dun aparato que ela usaba no seu día a día!



Moitas grazas por ensinarnos tanto e por responder a tódalas preguntas que che fixemos! Volve cando queiras Lucía!


sábado, 10 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




Na aula de 5 anos traballamos a igualdade a partir do conto: "Rosa caramelo".



Despois de comprender o conto coloreamos á elefanta Margarita para axudarlle a ser feliz.



Pasámolo moi ben con esta actividade!!!