Mostrando entradas con la etiqueta Inuits. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inuits. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de febrero de 2016

BICOS DE INUIT!

Esta mesma mañá os Revoltiñ@s démoslle a despedida final aos Inuits cun bico moi especial! Moi pronto levaremos ás nosas casas unha pequena sorpresa que estamos a piques de rematar... 






jueves, 11 de febrero de 2016

ADEUS INUITS!

Esta semana dicimos adeus aos inuits, recordando todo o aprendido durante o mes de xaneiro. Moitas grazas a tódalas familias que aportáchedes estes materiais tan interesantes!


Mirade que ben quedou a exposición de todos estes elementos!


Que tal combinan co particular Polo Norte que creamos á entrada das nosas aulas? Con iglú incluído!


Iso si, o inverno seguirá nas nosas aulas unhas semaniñas máis, e serán as nosas fiestras as encargadas de recordarnos en qué estación do ano nos atopamos!

jueves, 4 de febrero de 2016

XOGAMOS A PENSAR!

Como sabedes, durante estas primeiras semanas de trimestre estivemos aprendendo moito sobre os Inuits. O pintor francés Henri Matisse pintou unha obra que titulou "O Esquimó", e nós decidimos traballar sobre ela...

Os Revoltiñ@s iniciámonos na "Filosofía para nenos" a partir de distintas actividades que nos fan pensar, razoar, desenvolver a creatividade e a imaxinación e dialogar cos compañeiros.

Nesta ocasión, presentámoslle ao alumnado o cadro, completamente cuberto por unha serie de post-it. Conforme pasaban os días, o encargado correspondente decidía os post-it que quería sacar, para así pouco a pouco ir descubrindo a imaxe que se ocultaba tras eles. Cada neno debía observala e cada día expresarlle aos demais qué era o que el ou ela vía...

Queredes saber as respostas? Aquí as tendes:

- Adrián: Un galo, un trineo, dous cactus e un trineo...
- Amina: Un galo...
- Ane: Un oso polar, un esquimó, unha balea, un esquimó, unha bóla de xeo...
- Antón: Unha galiña, un trineo, unha pranta...
- Dylan: Unha tartaruga, auroras boreais, unha balea, unha balea, unha foca...
- Elaisa: Unha galiña, un trineo...
- Eliana: Un galo, unha balea, unha balea, unha balea, unha balea...
- Felipe: Unha galiña, unha balea, un oso polar, un oso polar, unha balea...
- Iago: Un galo, un iglú, unha pranta e unha lúa...
- Idania: Un galo, un trineo...
- Kevin: Un elefante, un esquimó, unha árbore, un esquimó, un esquimó...
- Lara: Unha galiña, moita neve...
- Leonardo: Un copo de neve...
- María: Un cactus, unha sinal, un ramo...
- Mauro: Unha galiña, un salmón, unha bandeira con follas, unha balea, unha bandeira de esquimó con neve e xeo...
- Nerea: Unha galiña...
- Nicolás: Unha galiña, unha balea, un oso polar, un oso polar, un oso polar...
- Pablo: Unha torre, unha balea, unha balea, unha balea, unha balea...
- Raúl: Un mono, unha balea, unha balea, unha balea...
Samuel: Un can ártico, un oso polar, unha balea, un esquimó, unha morsa...
- Sara: Unha galiña, moita neve, unha balea e unha pranta...
- Sofía C.: Un zapato, un oso polar, un oso polar, un oso polar, un oso polar...
- Sofía S.: Unha galiña, un iglú, uns esquimós...
- Uxía: Unhas prantas, moita neve, unha bóla de neve...
- Vítor: Unha folla, un esquimó, un esquimó, un esquimó, un esquimó...
- Yanira: Unha árbore, un avión, unha balea, unha balea...


lunes, 25 de enero de 2016

AURORAS BOREAIS

Os Revoltiñ@s xa estreamos os regalos que nos deixaron os Reis Magos fai unhas semanas!
Como sabedes, estamos aprendendo moito sobre os Esquimós e xa utilizamos a purpurina para decorar a portada do 'Libro dos Inuits' que estamos completando pouquiño a pouco durante estes días.
E as acuarelas empregámolas para decorar o noso LapBook. Pero non pintamos ao chou, senón que creamos unhas fermosas auroras boreais, xa que aprendemos que este fenómeno aparecía moi a miúdo no ceo do Ártico.