viernes, 17 de junio de 2016

VIAXAMOS EN TREN!

Esta mañá os Revoltiñ@s subimos ao tren turístico para percorrer un tramo da nova autovía da Costa da Morte, observando todo o que alí se atopaba (materiais, aparellos, máquinas, traballadores...) e escoitando moi atentos as explicacións da enxeñeira e escritora María Canosa. Ademais, contamos cunha invitada moi especial: Lucía, a mamá de Raúl, que como xa nos contou na súa visita de fai uns meses, era unha das topógrafas que traballaba neste proxecto. Pasámolo moi ben!




No hay comentarios: