Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2014/2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2014/2015. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2015

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Hoxe rematou o curso. 
Aquí tedes algunhas das fotos que sacamos ó longo da xornada.
@s Revoltiñ@s queremos darlle as grazas ós mestres especialistas, que nos ensinaron tanto ó longo do curso (Mª Carmen Alvarellos, Martín,  Paula, Puri e Rebeca), por suposto  á mestra Elena e ás familias.
Bo verán a tod@s!!!

FIN DO PROXECTO

Acabamos o proxecto sobre a elaboración do pan.
Aquí tedes o resultado.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!


jueves, 18 de junio de 2015

CUMPREANOS

Hoxe celebramos os cumpreanos do verán. Así que estiveron de celebración Uxía, Mauro e Vítor (na aula de 3 anos) e Alison, Amina e Antón (na clase de 4 e 5). 
Pasámolo moi ben.
MOITAS FELICIDADES A TOD@S!!!



















martes, 9 de junio de 2015

LEONARDO CUMPRE 5 ANOS

Hoxe celebramos o cumpreanos de Leonardo. Xa fixo 5.
Pasámolo moi ben!!!
MOITAS FELICIDADES, LEONARDO!!!




NEREA CUMPRE 4 ANOS

O luns celebramos o cumpreanos de Nerea: xa ten 4.
Divertímonos moito!!!
MOITAS FELICIDADES, NEREA!!!




viernes, 5 de junio de 2015

E SAÍRON AS BOLBORETAS...

Por fin saíron do casulo as primeiras bolboretas!!!




PLAN PROXECTA

Durante estas semanas, dentro do Plan Proxecta, estivemos traballando o proceso de elaboración do pan.
Nestas fotografías podedes ver a información e os elementos que trouxemos ó colexio, coa axuda das nosas familias (contos, moldes, trigo, fariña, millo, fotografías...).




martes, 2 de junio de 2015

FACEMOS PAN

Dentro do Plan Proxecta, @s nen@s e nenas de Educación Infantil fomos facer pan a unha panadería. 
Explicáronnos que se necesitan como ingredientes: auga, fariña, levadura e sal.
Despois de amasalo na amasadora, puxémonos a facer os boliños de pan (algúns preferiron facer barras).
Por último colocámolo para que o introducisen no forno!!! 
Máis tarde trouxéronnolo ó colexio para que o puidésemos levar para as nosas casas.
Que ben o pasamos!!!




lunes, 1 de junio de 2015

PEIXES DE CORES

Na aula de 4 e 5 anos fixemos tamén estes peixes de cores.



miércoles, 27 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS

Estivemos traballando a figura de Xosé F. Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. 
Cada revoltiñ@ fixo unha caricatura do autor e tamén escribimos tarxetas coa súa biografía.
Con toda a información elaboramos este mural.



BRUNO A. CUMPRE 6 ANOS

Hoxe celebramos o cumpreamos de Bruno A. Xa fixo 6  anos!!!
Pasámolo moi ben!!!
MOITAS FELICIDADES, BRUNO!!!




martes, 26 de mayo de 2015

UN DÍA DE PRAIA

Como cada ano, tivemos a xornada de convivencia en Valarés.
@s Revoltiñ@s estivemos xogando na area con balóns, caldeiros, pás, tractores, moldes... 
Repuxemos forzas a media mañá coa merenda que nos trouxeron os membros de Protección Civil.
Cando chegaron os máis maiores da camiñata, comemos no pinar e de postre tomamos un saboroso xeado!!!
Pasámolo moi ben!!!


viernes, 22 de mayo de 2015

DE VERME A BOLBORETA

Os vermes comeron moitas follas de morera, medraron moito,  mudaron de pel e algúns deles fixeron o casulo esta semana. Outros estano elaborando. 
Xa queda menos para acabar a transformación e poder ver as bolboretas. Coidámolos moito cada día!!! E gústanos observarlos!!!



jueves, 21 de mayo de 2015

ADORNOS DE PRIMAVERA

Na aula de 4 e 5 anos tamén decoramos o ventanal e a porta con motivos primaverais.