Mostrando entradas con la etiqueta mascotas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mascotas. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de enero de 2019

SIMBA

Hoxe atopamos nas aulas un sobre no que había unha carta de Simba e tamén unha marioneta coa súa forma. 
Quedamos moi contentos/as de telo connosco!


miércoles, 10 de octubre de 2018

NOVAS MASCOTAS

Esta semana tivemos unha sorpresa nas aulas de Educación Infantil. Cando chegamos ao colexio estaba o corredor cheo de pegadas que ían ata as nosas aulas. Pensamos que poderían ser de  dragón, de dinosauro... pero finalmente descubrimos un sobre que contiña unha carta na que nos explicaban que as pegadas eran do león Simba, que vai ser a nosa mascota este curso! 
Ademais, deixounos tarxetas coas que marcamos diferentes elementos das aulas (perchas, mesas,...). Cada unha tiña o noso nome e a que será tamén a nosa mascota: para 3 anos o toco Zazú; para 4 anos o xabaril Pumba e para 5 anos o suricato Timón.   Simba tamén nos trouxo o conto " As xirafas non poden bailar". 
Despois, decoramos os manteis que imos usar nas merendas. 
Aquí tedes algunhas fotografías.

martes, 15 de noviembre de 2016

Presentámosvos a TIN

Xa temos mascota na aula de 3 e 4 anos! É unha planta e chamámoslle TIN. Para escoller o nome fixemos unha votación e entre varias propostas esta foi a gañadora. Do mesmo xeito establecemos entre tod@s os coidados que precisa para que creza san e forte! Ademais de facernos compañía axudaranos a entender como é o funcionamento dos seres vivos e quen sabe, igual ata nos ensina algo sobre os dinosauros!





 

domingo, 27 de septiembre de 2015

TEO, A NOSA MASCOTA

Mirade qué fotos tan simpáticas sacamos coa nosa mascota na aula de 3 e 4 anos.

 

jueves, 27 de febrero de 2014

AS NOSAS MASCOTAS

Esta semana tivemos unha visita moi especial: a das nosas mascotas (os dinosauros Pou e Rex). Van quedar con nós nas aulas. E sacamos unhas fotos con eles.

jueves, 3 de junio de 2010

MASCOTAS INFANTIL

As mestras de infantil agradecemos a todas as familias a vosa participación na proposta de levar as mascotas á casa...Seguro que o están a pasar moi ben de visita nos vosos fogares. Como curiosidade aquí temos as mascotas de volta da casa de Manu e Javi con roupa que lles fixeron... Un bañador para Pete e un pantalón e chaqueta para Pi...Menudo nivel!