Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

jueves, 31 de enero de 2019

NOTAS DE PAZ

No día de hoxe xuntámonos cos demais nenos e nenas do CPI para construir un mural de paz. Cada un/unha levaba unha nota musical con palabras relacionadas coa paz (en relación ao Proxecto Documental Integrado do centro), previamente coloreada e picada. 
Un representante de cada aula líu un tratado de paz que se fixo por clase. 





miércoles, 30 de enero de 2019

CELEBRANDO A PAZ

Como cada 30 de xaneiro, conmemórase o día da Paz. Un curso máis, fixemos unha convivencia entre os nenos e nenas do CRA Os Remuiños e os/as de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria do CPI As Revoltas.
Primeiro vimos unha representación do conto "O parruliño feo". Despois participamos en seis talleres diferentes, relacionados co conto e coa paz (decoración dun cisne, creación dun lago de diversidade, lectura de contos, realización dun marcapáxinas personalizado, participación no taller de luz e elaboración dun calendario). Ademais, cada equipo, en cada taller, tiñamos que selar un "pasaporte" co cal puidemos conseguir unha peza dun puzzle, a cal nos deu acceso a un código co que puidemos abrir unha caixa na que había unha sorpresa!
Foi unha xornada intensa, na que nos divertimos, aprendemos, xogamos, ... en definitiva, na que tratamos de convivir en paz. 



martes, 6 de febrero de 2018

CELEBRANDO A PAZ NO CPI AS REVOLTAS

Durante estas semanas estivemos ensaiando a canción "Imagine" que cantamos todos/as xuntos/as no salón de actos. 
Tamén  decoramos palabras relacionadas coa paz e pombas, que puxemos nunha das paredes do colexio.



lunes, 1 de febrero de 2016

CAMPÁS POLA PAZ!

Recordades a canción que deixamos no blog fai uns días?

Titulábase "Campás pola paz" e hoxe despois do recreo xuntámonos todos para cantala e así celebrar o Día da Paz.

Aquí tendes o resultado final!




MANS DA PAZ!

O pasado xoves, coma tódolos xoves, visitamos a biblioteca do centro, e alí escoitamos moi atentos a historia de Elmer...


Entendemos que ser diferente non é malo, e por iso decidimos pintar estas mans da paz tan coloridas, xa que en cada dedo tiñamos un nen@ dunha cultura diferente! 

Despois de poñerlle un pauiño, por fin as puidemos levar para a casa! Que vos parecen?


viernes, 29 de enero de 2016

XUNTANZA CO CRA

Esta mañá os Revoltiñ@s pasámolo moi ben cos nosos compañeir@s do CRA "Os Remuíños" celebrando o Día da Paz!

Nada máis chegar, no Auditorio puidemos ver o vídeo no que interpretamos "Eu teño alguén...".

Logo, fixemos varios grupos e decoramos un corazón de papel debuxando aquilo que nós tiñamos no noso corazón. Un dos membros de cada equipo foi o encargado de explicarlle a todos o que os seus compañeir@s acababan de debuxar!


Seguidamente, botamos a correr xogando ao "Stop" todos xuntos!


E para repoñer forzas, degustamos unha rica merendola!


E xa para rematar este día, regalamos os nosos corazóns a un compañeir@!



FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO MOI BEN!


jueves, 28 de enero de 2016

EU TEÑO ALGUÉN...

Recordades que fai uns días vos deixamos o vídeo dunha canción que estabamos preparando coa mestra Érica?
Pois aquí está o resultado final! Que vos parece?

FELIZ DÍA DA PAZ!


lunes, 25 de enero de 2016

CAMPÁS POLA PAZ...

Os Revoltiñ@s xa somos uns expertos na linguaxe de signos! Coa mestra Tini estivemos ensaiando a canción titulada "Campás pola Paz", que proximamente cantaremos coa voz e coas mans xunto aos nosos compañeir@s de Educación Primaria.
Aquí vos deixamos un vídeo por se queredes recordar algún dos xestos nas vosas casas!


miércoles, 13 de enero de 2016

EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN...

Hoxe coa mestra Érica comezamos a ensaiar o retrouso dunha nova canción. Titúlase "Eu teño alguén", e ademais de cantala coa nosa voz, cantarémola coas nosas mans, utilizando a linguaxe de signos.
Nunhas semanas veredes o resultado final! Polo momento deixámosvos un vídeo por se lle queredes botar unha ollada nas vosas casas.