Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas

sábado, 9 de junio de 2018

ROBÓTICA

Os nenos e nenas da aula de 3 anos e as/os  de 6º de Educación Primaria, puxemos en funcionamento os MBOT na maqueta que construimos previamente. Alí tiñamos o robot encargado de poñer en funcionamento a luz do faro; o robot segueliñas, que se desprazaba pola estrada que elaboramos; outros  robots encendían cando detectaban movemento...
Gustounos moito experimentar con eles. E dámoslles as grazas aos nenos e nenas de 6º de EP, que se encargaron de programalos.


lunes, 28 de mayo de 2018

PISANDO NÚMEROS

Tamén estivemos repasando os números con este xogo.

UN POUCO DE ROBÓTICA

O martes pasado, dentro do proxecto de robótica no que está participando o centro, algúns dos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria baixaron ata a aula de 3 anos. En pequenos grupos debuxaron e pintaron unha estrada que bordea as illas nas que "apareceron" os robots. Nuns días poderemos probar como se desprazan por esa estrada.


 

martes, 15 de mayo de 2018

MEDRANDO

Na aula de 3 anos miramos impacientes todas as mañás para as nosas macetas e esta semana, por fin, puidemos ver os primeiros  xirasois!
Que emoción!
Seguiremos observando a súa evolución! 




domingo, 6 de mayo de 2018

PLANTAMOS

Na aula de 3 anos contamos o conto "Aínda nada?". 
"De mañá, ben cedo, o señor Luís cavou un burato enorme na terra. Neste burato enorme o señor Luís deixou caer un granciño cheo de promesas. Despois, o señor Luís volveu tapar o enorme burato e saltou enriba del con todas as súas forzas para pisar a terra. Despois, o señor Luís regou ben a terra coa súa regadeira. O protagonista deste relato sementa algo na terra. Agarda un día tras outro, baixo a expectante mirada dun paxaro, co desexo de ver crecer a flor que nacería dun granciño. Aínda nada?, preguntábase cada mañá, ao ver que da semente non daba agromado ningunha planta, ata que un bo día..."
Despois de estar moi atentos e atentas á historia do señor Luís, puxémonos a plantar.
Cada equipo tiña unha maceta e cada un/unha de nós sementou unha pipa de xirasol. Usamos terra, auga e unha pequena pa. 
Agora queda ter un pouco de paciencia e esperar a que medren!











lunes, 16 de abril de 2018

PRIMAVERA

Na aula de 3 anos levamos unhas semanas traballando a primavera. Unha das actividades que fixemos foi aprender un poema sobre esta estación e decorar estas árbores tan primaverais. 



domingo, 25 de marzo de 2018

XORNADAS CULTURAIS: DÍA 3

O venres, na aula de 3 anos, tivemos unha visita moi especial: veu a mamá de Xiana. Contounos o conto "Os Bolechas van ao GAC Costa da Morte". Despois ensinounos a facer cometas! Que divertido! 
E tróuxonos uns agasallos que nos encantaron e que levamos para as nosas casas (unha gorra, pegatinas, un conto...).
Moitas grazas por vir!
  
 

miércoles, 28 de febrero de 2018

DESPEDIMOS A BRENDA

Hoxe acabou o seu  Practicum Brenda, que estivo con nós durante o mes de febreiro.
Agradecémosche a paciencia e o agarimo co que nos trataches e desexámosche moita sorte!



 

domingo, 25 de febrero de 2018

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Unha actividade que nos gusta moito facer na aula de 3 anos é ir ata a biblioteca do colexio. Alí aproveitamos para ver libros libremente, respectando sempre as normas da mesma (falamos baixiño, colocamos ben os contos, collemos os libros de un en un...).
Para rematar a sesión estivemos moi atentos ao conto "Caracol e Caracola".







SEGUIMOS CON MONDRIAN

Na aula de 3 anos seguimos co proxecto de Mondrian. Esta semana aprendemos que nos seus cadros gustáballe usar formas xeométricas coma os cadrados e os rectángulos. Nestas fotografías podedes ver como pintamos cos pinceis os rectángulos. Moito nos gusta usar os pinceis e as témperas!





jueves, 8 de febrero de 2018

MÁIS MANDADOS DA SARDIÑA

O mércores trouxemos un mandil ou un pano. Aquí nos podedes ver, coa SARDIÑA.


martes, 6 de febrero de 2018

OS MANDADOS DA SARDIÑA

Durante esta semana previa ao Entroido a SARDIÑA estanos dando uns mandados. 
O luns mandou vir ao colexio con bigote; o martes, con algo na cabeza.
Cal será o próximo?









sábado, 3 de febrero de 2018

COÑECENDO A MONDRIAN

Na aula de 3 anos, en relación ao Proxecto Documental Integrado que se está a desenvolver no colexio, comezamos  a traballar ao pintor holandés Mondrian. 
Polo momento estivemos falando das súas cores favoritas, da súa nacionalidade e da nosa, do seu traballo...
Aquí nos tedes traballando no proxecto, en concreto coloreando as tarxetas que poñen España e Holanda para despois situalos no mapa.




 
 

jueves, 21 de diciembre de 2017

LAPBOOK DO OUTONO

Hai  varias semanas, na aula de 3 anos comezamos a facer un  lapbook sobre o outono. Este é o resultado final.

 



miércoles, 20 de diciembre de 2017

MÁIS NADAL

Aquí tedes unhas fotos coas postais que fixemos e tamén coa árbore. 






domingo, 3 de diciembre de 2017

UNHA SEMANA NO NIÑO

Na clase de 3 anos traballamos os días da semana nas rutinas diarias. Partimos do conto "Unha semana no niño" e estes días fixemos a nosa versión, en forma de ovo. Levarémolo antes de Nadal para a casa xunto cos demais traballos do primeiro trimestre. 
Que contentos/as quedamos co resultado!