Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de febrero de 2018

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Unha actividade que nos gusta moito facer na aula de 3 anos é ir ata a biblioteca do colexio. Alí aproveitamos para ver libros libremente, respectando sempre as normas da mesma (falamos baixiño, colocamos ben os contos, collemos os libros de un en un...).
Para rematar a sesión estivemos moi atentos ao conto "Caracol e Caracola".







martes, 24 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Os nenos e nenas de 3 anos fomos ata a biblioteca do cole para conmemorar o Día das Bibliotecas. 
Agrupámonos por parellas e cada membro da parella escollíu un conto para o seu compañeiro/compañeira, ao cal lle puxemos un lazo. 
Despois, lémolos. 
Encantounos a actividade!
 

viernes, 28 de octubre de 2016

NOTA INFORMATIVA: Préstamo de contos da biblioteca

Estimadas familias:
Esta semana comezamos co préstamo de contos da biblioteca. Todos os venres cada nena/o levará na súa carpeta un conto da biblioteca para ler na fin de semana. O conto deberá vir de volta na carpeta os luns.
Grazas pola vosa colaboración.
Bo Samaín e boa fin de semana!
Un saúdo,
O Equipo de Educación Infantil.

jueves, 28 de abril de 2016

FORMACIÓN DE USUARIOS

Esta mañá, coma tódolos xoves, visitamos a biblioteca da nosa escola. Nesta ocasión non elixiríamos ningún libro, senón que alí xa nos esperaba Ana, a mestra de francés e directora do noso colexio.
Teríamos unha pequena sesión con ela para explicarnos algúns dos aspectos máis importantes da nosa biblioteca: Pepiña e as súas pegadas, os carteis do corredor, as normas do lugar, os útiles que alí podíamos atopar, o tipo de libros e a forma de pedilos...
Tras escoitala moi atentamente, ao final da sesión fixemos uns pequenos exercicios onde tiñamos que rodear ou riscar os obxectos que había na nosa biblioteca e as normas de uso da mesma.



domingo, 26 de abril de 2015

PADRIÑO LECTOR

O venres, @s nen@s da ESO foron os nosos padriños e madriñas lector@s. Cada un líunos varios contos.
Moitas grazas ós nosos padriños e madriñas e ás mestras da ESO que fixeron posible esta actividade!!!
Pasámolo moi ben!!!


miércoles, 3 de diciembre de 2014

A BIBLIOTECA

A semana pasada fomos á biblioteca do centro. Aquí tedes unhas fotos para que nos vexades nela!!!


domingo, 12 de enero de 2014

UN AGASALLO MOI ESPECIAL

Un Rei Mago moi especial deixounos unha sorpresa para poñer no blogue: Pepiña, a mascota da Biblioteca. Quedou moi bonita!!!
Moitas grazas.
@s Revoltiñ@s.


domingo, 18 de noviembre de 2012

QUE BEN O PASAMOS NA BIBLIOTECA

Este venres fixemos moitas actividades na biblioteca do centro: primeiro a mestra Irene (que está facendo o PRACTICUM) contounos o conto "O Parruliño feo"; despois coloreamos unha ficha sobre el e por último estivemos lendo libros e escollemos un para levar para a casa. Foi unha sesión moi divertida!!!