Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO DINOSAUROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO DINOSAUROS. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de abril de 2017

REMATANDO O PROXECTO

O proxecto dos dinosauros chega ao seu fin. Estes días estivemos facendo actividades finais: construímos un puzzle en 3D; fixemos, por equipos,  un puzzle de 100 pezas; continuamos lendo libros sobre esta temática; valoramos o que aprendemos co proxecto e fixemos novamente de palentólog@s para atopar fósiles.
Pasámolo moi ben! 
 

jueves, 16 de marzo de 2017

VÍDEOS EXTINCIÓN

Hoxe vimos dous vídeos sobre a extinción dos dinosauros. Falamos sobre o que é a extinción; como puido producirse; que animais sobreviviron... 
Podedes visualizalos facendo clic nos seguintes enlaces.
  


 

PALEONTÓLOG@S POR UN DÍA

Estes días, aproveitando que fixo bo tempo, estivemos xogando a ser paleontólog@s. 
En primeiro lugar vimos na aula que significaba esa palabra, que relación tiña cos dinosauros;  cantas e que letras a forman...
Despois chegou o  momento máis divertido, que foi ir ao areeiro e con pás e anciños intentamos buscar fósiles... e despois de moito buscar...  atopámolos! 
Podedes ver o ben que o pasamos na seguinte presentación!
Moitas grazas tamén aos nen@s de 2º de Educación Primaria, que nos axudaron nesta actividade.
 
 

domingo, 12 de febrero de 2017

DINOSAUROS

Deixamos o enlace a información, vídeos e xogos sobre dinosauros (está o enlace fixo tamén na columna da dereita do blog).
Pincha  na palabra  DINOSAUROS e divírtete! 




martes, 31 de enero de 2017

EXPOSICIÓN SOBRE DINOSAUROS

Hoxe tivemos no cole unha actividade moi especial, relacionada co proxecto dos dinosauros.
Acudimos a unha exposición sobre estes animais e  aprendemos datos curiosos.
Tamén nos encantou ver un corto animado sobre eles. Como era en 3D parecía que saían da pantalla e que viñan onda nós! Que divertido!
Ata nos deixaron  manipular algúns fósiles! 



martes, 15 de noviembre de 2016

COMEZAMOS COS DINOSAUROS

Este curso, desde a biblioteca do centro, propúxose  traballar as diferentes épocas históricas. En Educación Infantil decantámonos  polos dinosauros. 
Un día, apareceron nas clases unhas caixas cunha carta de Pepiña, que nos invitaba a coñecer máis sobre estes animais. Tamén temos uns libros, cos que nos agasallou a mestra Rocío. Durante estes días estamos investigando sobre eles.
Irémosvos poñendo ao día sobre as nosas investigacións.



 

jueves, 24 de marzo de 2011

PROXECTO DINOSAUROS

Empezamos un proxecto relacionado cos dinosauros pois é un tema que lles gusta moito. Tras unha primeira asamblea na que preguntamos que sabemos, que queremos saber e onde imos buscar empezamos a traballar con diferentes actividades. Na primeira utilizamos patacas con formas de pegadas e deixámolas en pasta de modelar para máis tarde convertirnos en paleontólogos e identificalas. Tamén usamos estas pataca-pegadas para decorar un mural. Na seguinte actividade emprendemos moitas cousas de diferentes dinosauros, canto medían, as súas principais características, que comían... e cando sabíamos todo isto recortamos e pegamos en dous grupos diferentes os carnívoros e os herbívoros. Tamén fixemos un libro, tivemos que pintar dinosauros e escribir o que medían e o que pesaban. Co material que trouxeron os rapaces da casa: varios libros e moitos dinosauros aprendemos tamén moitas cousas. Por último elaboramos un mural con diversos materiais reconstruíndo o hábitat destes enormes animais xa extinguidos.