sábado, 28 de mayo de 2016

IMOS DE EXCURSIÓN!

Este venres, os Revoltiñ@s subimos de novo ó bus para saír de excursión. Desta vez, o noso destino foi A Coruña e, máis tarde, Arteixo.


Antes de entrar, todos xuntos tomamos unha pequena merenda.
Xa no Planetario puidemos ver "A noite do vampiro", onde coñecemos ao Conde Von Siro e ao seu axudante Dagoberto, o encargado de construír o Kinké Catódico Bicéfalo, un simulador que nos permitiu descubrir qué hai no ceo pola noite e que nos fixo viaxar polo Sol, a Lúa, as estrelas, os planetas, as galaxias, as constelacións, os buracos negros...
E aproveitando a visita, tamén fixemos un pequeno percorrido pola Casa das Ciencias.


E así pasou a mañá, tan rápido que cando nos demos conta xa era hora de comer!
E como estabamos nun centro hípico, cando rematamos aproveitamos para subirnos a un coche de cabalos que alí había! Nunca o fixeramos e estabamos emocionados!


Aínda que pronto comezou a chover, polo que tivemos que volver dentro para xogar un pouquiño máis!
Cando escampou, decidimos visitar as cuadras. Alí puidemos ver dous grandes cabalos, o lugar onde durmen, a súa comida, algunhas das súas mantas, a súa ducha...
Logo, puidemos correr como cabaliños e saltar os seus obstáculos!

E antes de marchar, visitamos a Lucero!
FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO MOI BEN!

No hay comentarios: