Mostrando entradas con la etiqueta 3-4-5 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3-4-5 anos. Mostrar todas las entradas
domingo, 23 de junio de 2019
FESTA DE FIN DE CURSO
Despois de xogar nos inchables fixemos unha festa para despedir o curso.
Que ben nos sentou repoñar forzas!
Aquí tedes algunhas imaxes dela.
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2018/2019,
Fin de curso
miércoles, 19 de junio de 2019
LETRAS GALEGAS
Este luns entregáronse os premios dos concursos que se celebraron para conmemorar a Semana das Letras Galegas.
Aínda que todos somos gañadores e gañadoras por participar e sobre todo por divertirnos mentras aprendemos sobre "as nosas letras", os premiados en E.I. foron: Alba (4º de Educación Infantil), Xiana (5º de Educación Infantil) e Hugo (6º de Educación Infantil).
Parabéns!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2018/2019,
Día das Letras Galegas
CONTAN OS MAIORES
Durante este curso os nenos e nenas do CPI As Revoltas fixemos varias actividades conxuntamente coas persoas do Centro de Día de Neaño (xogos, lecturas, magosto, visionado da película "Up"...).
Tamén participamos no concurso "Contan os maiores" no que tiñamos que plasmar nun debuxo que significan para nós as persoas maiores. Agasalláronnos con diplomas por participar e en Educación Infantil resultou gañadora a nosa compañeira Uxía: PARABÉNS!
Aínda que durante o curso, todas e todos gañamos aprendendo a convivir e compartindo experiencias!
CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE XUÑO
Este martes celebramos os aniversarios do mes de xuño: Brais V., Alexandra, Noé e Elena.
Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!
Parabéns aos homenaxeados/as!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
aniversarios,
CURSO 2018/2019
domingo, 2 de junio de 2019
CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE MAIO
Este venres celebramos o aniversario de Breogán, que cumpríu anos durante o mes de maio.
Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!
Parabéns ao homenaxeado!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
aniversarios,
CURSO 2018/2019
lunes, 29 de abril de 2019
CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE ABRIL
Este luns celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos durante o mes de abril.
Aquí tedes unha pequena presentación con fotos para que vexades o ben que o pasamos!
Parabéns aos/ás homenaxeados/as!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
aniversarios,
CURSO 2018/2019
domingo, 28 de abril de 2019
CONVIVENCIA DA SEMANA DO LIBRO
Este venres celebramos a Semana do Libro mediante unha convivencia co CRA Os Remuiños.
Baseámonos no libro "Canta a lúa coas estrelas".
Comezamos a xornada cunha representación sobre o mesmo, realizada por Andrea, unha das creadoras do libro.
A partir del organizamos seis talleres polos que pasaban seis equipos de nenas e nenos realizando actividades relacionadas coas cancións do libro:
- "Canta a lúa coas estrelas" (no que decoramos estrelas).
- "Sementando ilusións" (onde plantamos pipas de xirasol).
- "Encontrei un soño" (no que elaboramos marcapáxinas).
- "Apadriñamento lector" (para ler contos e facer debuxos sobre eles).
- "Desexos" (onde aprendemos a coreografía dunha das cancións).
- "Canta e croma" (para representar cancións).
Pasámolo moi ben!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2018/2019,
dia do libro
miércoles, 3 de abril de 2019
IMOS DE CONCERTO
Este martes fomos ata o Palacio da Ópera, na Coruña, para acudir ao concerto didáctico "Raíces".
Aquí tedes unhas fotos da xornada!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2018/2019,
Saídas
sábado, 30 de marzo de 2019
CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE MARZO
Este venres celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos durante o mes de marzo.
Aquí tedes unha pequena presentación con fotos para que vexades o ben que o pasamos!
Parabéns aos homenaxeados/as!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
aniversarios,
CURSO 2018/2019
sábado, 23 de marzo de 2019
XORNADAS CULTURAIS - DÍA 3
O venres rematamos as xornadas traballando o barro, coa axuda dos oleiros de Buño e tamén tivemos un taller de relaxación co mestre José Manuel.
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CURSO 2018/2019,
XORNADAS CULTURAIS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)