miércoles, 22 de junio de 2016

DESPEDIDA DE ROCÍO!

Pequechiños!


Como xa vos escribín nesas notiñas que nuns aniños chegaredes a entender, dicía un proverbio hindú que "Cos meus mestres aprendín moito; cos meus compañeiros máis; cos meus alumnos aínda máis". Grazas por deixar que fose a vosa mestra nestes nove meses marabillosos, grazas por ensinarme tanto neste camiño que comecei a percorrer da vosa man. Grazas por eses "Rocíoooooo!" acompañados dalgún que outro piropo cos que me recibíades cada mañá, por eses achuchóns de koala, por todas as flores que me trouxéchedes, polos debuxos que me fixéchedes, por cada sorriso, por cada mirada de ilusión cada vez que facíades un novo descubrimento, polas vosas ganas de aprender, esas que cada día me daban forzas para ensinar. GRAZAS POR TODOS OS MOMENTOS, GRAZAS POR FACERME TAN FELIZ!

Nun par de meses non poderei cruzar a porta que me leve á vosa aula. A vós espéravos unha nova mestra, a min uns novos alumnos, pero tede por seguro que sempre estaredes moi presentes. Espero que cada un de vós garde un cachiño de min, como eu levo unha gran parte de todos vós.


Por suposto, non me podía esquecer dos outros pequechiños, cos que non compartín tantas horas, pero si moitos momentos. Ao final, isto é como unha gran familia onde todos nos queremos incondicionalmente. Tamén formades parte dos meus recordos, e no meu corazón tendes o voso sitio reservado para sempre.

Moitas grazas a ti, Mari, por axudarme tanto, ensinarme a ser un pouquiño mellor profe, e por TODO o demais.

Grazas tamén ás familias, pola vosa colaboración ao longo do curso, e por esas rosas que cada un deles me entregou.

Ata sempre Revoltiñ@s! Espero seguir cruzándome con cada un de vós, para ver cómo medrades e como pouco a pouco ides acadando os vosos soños, para estar orgullosa do lonxe que ides chegar.

Rocío

3 comentarios:

Os Revoltiños dijo...

Que bonito!!!
Moitas grazas a ti por todo!!! Botarémoste moitoooo de menos!!!
E moita sorte no teu novo destino!!!

Paula dijo...

Gracias Rocío por elexir este centro para comezar esta profesión que tantas satisfacción che vai a dar. Moita sorte en todo o que emprendas, e que saibas que aquí estaremos para o que necsites.
Un bico

Déborah dijo...

Moitas gracias a ti polo teu saber facer,coa tua pacencia e cariño fixeche que un neno tan tímido coma Dylan se sentise coma na casa. Moitas gracias. Biquiños