Mostrando entradas con la etiqueta ROBÓTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ROBÓTICA. Mostrar todas las entradas

sábado, 9 de junio de 2018

ROBÓTICA

Os nenos e nenas da aula de 3 anos e as/os  de 6º de Educación Primaria, puxemos en funcionamento os MBOT na maqueta que construimos previamente. Alí tiñamos o robot encargado de poñer en funcionamento a luz do faro; o robot segueliñas, que se desprazaba pola estrada que elaboramos; outros  robots encendían cando detectaban movemento...
Gustounos moito experimentar con eles. E dámoslles as grazas aos nenos e nenas de 6º de EP, que se encargaron de programalos.


lunes, 28 de mayo de 2018

UN POUCO DE ROBÓTICA

O martes pasado, dentro do proxecto de robótica no que está participando o centro, algúns dos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria baixaron ata a aula de 3 anos. En pequenos grupos debuxaron e pintaron unha estrada que bordea as illas nas que "apareceron" os robots. Nuns días poderemos probar como se desprazan por esa estrada.


 

miércoles, 22 de noviembre de 2017

O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL

A partir do conto "O artista que pintou un cabalo azul" fixemos as nosas propias creacións, cos animais e cores que máis nos gustaron.
Despois, buscamos co Bee Bot aquelas obras que aparecían no libro e tamén a nosa mascota, que andaba mesturada entre as obras. 
Encantounos a actividade!