Mostrando entradas con la etiqueta dombate. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dombate. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de junio de 2018

DOMBATE

Este luns fomos ata Dombate como tanto nos gusta: no tren. 
Alí  "Os Quinquilláns" explicáronnos como era a vida hai miles de anos. Despois tocou divertirse cunha sesión de xogos tradicionais, dirixida polo director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
Por último, repuxemos forzas coa merenda e divertímonos cun grupo de gaiteiros, que amenizaron coa súa música o final da xornada.



miércoles, 11 de noviembre de 2015

ROMERÍA DE INVERNO NO VERÁN DE SAN MARTIÑO!

Esta mañá os Revoltiñ@s acudimos á Romería de Inverno no Verán de San Martiño!
Chegamos e marchamos en bus. Para algúns era a nosa primeira vez e estabamos moi emocionados!

Nada máis chegar visitamos o Dolmen de Dombate. Estivemos moi atent@s ás explicacións de Lito, o noso guía!



E despois pasámolo máis que ben na viaxe en tren que fixemos por Borneiro. Que risas!





Iso si, descansamos para degustar unha rica merendola!





E foi aquí onde nos atopamos cos nenos e nenas do colexio de Ponteceso. Sabedes quen son? Pois si! A cabaza, os noivos e os lobos da obra de teatro que estamos a facer: Corre corre, cabaciña!




E para rematar este gran día, con todos eles fomos bailar e cantar ao piñeiral do Dolmen de Dombate!