Hoxe celébrase o DÍA DA FAMILIA e como @s Revoltiñ@s queremos moito ás nosas familias, quixemos agasallalas. Para iso fixemos unha tarxeta que inclúe un debuxo e unha fotografía (esta sacámola nun mural que elaboramos entre tod@s).
Este domingo 15 de maio, celébrase o Día da Familia. E como os Revoltiñ@s queremos moito ás nosas, decidimos agasallarvos con este cadro feito por nós, onde vos mandamos moitos bicos cheos de amor. Para facelos tivemos moitas tarefas que realizar: posar para as fotografías, pintar con acuarelas unha cartolina en branco, construír o marco con tips de almidón, pintar con rodillos o soporte de cartón, pegar a nosa imaxe e algúns corazóns, escribir o noso nome... Logo, as mestras colocaron unha bonita poesía na parte traseira e tamén envolveron as nosas creacións. Despois duns días de traballo... Xa estaba todo listo! Hoxe por fin os puidemos levar para as nosas casas, e aquí están os resultados finais. Que vos parecen? Gustáronvos?
Ó longo destes días @s Revoltiñ@s convertímonos en pintores e pintoras.Estivemos preparando uns cadros para levar para as nosas casas hoxe, xa que se conmemora o Día da Familia, e nós queremos moito ás nosas.
Esperamos que vos gusten os nosos cadros, están feitos con todo o agarimo e coidado do mundo!!!