Na aula de Educación Infantil de 3 anos estamos aprendendo a poñer os mandilóns. Xa avanzamos moito...
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2013/2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2013/2014. Mostrar todas las entradas
lunes, 20 de octubre de 2014
domingo, 22 de junio de 2014
GRAZAS
@s Revoltiñ@s e as mestras Irene e Mª Carmen queremos darlle as grazas ós mestres especialistas, que nos ensinaron tanto este curso; tamén a Fran, que ademais de lograr que nos guste a música axudounos a preparar os festivais; ás familias, pola vosa implicación; ás mamás que nos coidan no comedor, á mestra Irene, que estivo con nós no seu período de prácticas e ós amig@s e mestras do CRA Os Remuiños, cos que fixemos actividades moi divertidas.
Moitas grazas tamén ás familias polos preciosos agasallos que nos fixéchedes.
E moita sorte @s mestr@s que marchades este curso, en especial a Susana, Fran e Irene. Acordarémosvos moito de vós. E quen sabe, igual voltades a Cabana.
BO VERÁN!!!
Etiquetas:
3--4-5 ANOS,
CURSO 2013/2014,
Fin de curso
GRADUACIÓN
Foron subindo ó escenario co seu birrete e a mestra Irene entregoulles un diploma e unha orla.
Que maiores son!!!
Etiquetas:
aula 5 anos,
CURSO 2013/2014,
graduación
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
Este venres rematou o curso e participamos no festival. Houbo moitas e variadas actuacións: cancións, bailes, obras de teatro, mimo e ata figuras acrobáticas!!!
Etiquetas:
3--4-5 ANOS,
CURSO 2013/2014,
FESTIVAL FIN DE CURSO
domingo, 15 de junio de 2014
XORNADA DE CONVIVENCIA EN VALARÉS
Este venres @s Revoltiñ@s fomos a Valarés. Mentras que @s nen@s de Educación Primaria camiñaban, nós xogamos na area cos caldeiros, pás, anciños, tractores, camións, moldes... Estiveron con nós @s mestr@s Irene, Fran, Susana e Xurxo, que nos coidaron moito (a mestra Mª Carmen estaba enferma e non puido vir).
A media mañá trouxéronnos auga e máis un tentempé.
Despois seguimos xogando ata a hora de comer. Nese momento fomos para o pinar e alí tomamos a saborosa comida que nos prepararon as nosas familias.
Ó rematar puidemos tomar un xeado e xogar outro anaquiño ata a hora de volver para a casa.
Foi un día diferente, pero mooooi divertido, como podedes ver nestas fotografías!!!
Foi un día diferente, pero mooooi divertido, como podedes ver nestas fotografías!!!
Etiquetas:
3--4-5 ANOS,
CURSO 2013/2014,
Valarés
Suscribirse a:
Entradas (Atom)