Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de mayo de 2016

EXPERIMENTOS DE PRIMAVERA

Durante estas semanas, estivemos coñecendo un pouquiño máis da primavera a partir de tódalas actividades que fixemos relacionadas co conto "Aínda nada". Aquí vos deixamos un vídeo onde o narra a contacontos Bea Campos...


Por suposto, tamén decoramos o noso corredor e as nosas fiestras con motivos primaverais: flores, bolboretas, xoaniñas, caracois, espantallos...


Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi ver como medraban as nosas plantas. Tódalas mañás comprobabamos como evolucionaban e, por suposto, nunca nos olvidabamos de regalas. Cada un de nós escolleu o que quixo plantar. Como sementes tiñamos lentellas, garavanzos, fabas, pipas e millo. E onde as plantariamos? Tiñamos moitas opcións, pero estas foron as que se nos ocorreron: terra, area, auga, pedras, algodón, plastilina, pintura, fariña, café, cacao, sal, azucre...
Como non estabamos moi seguros se nestas superficies medrarían as nosas sementes, decidimos facer as nosas hipóteses, explicando por qué pensabamos que o farían ou por qué non. E os resultados recollémolos nunhas gráficas que completamos con gomets, e que estes últimos días revisamos de novo para así descubrir quen estaba no certo e quen non, pensando novamente en por qué unhas plantas medraron nunhas superficies e por qué outras non o fixeron. Aquí vos deixamos os resultados finais...


Na aula de 3-4 anos os grandes afortunados foron Samuel e Vítor. As súas plantas están xigantes! Tamén medraron os xirasoles de Pablo e Uxía, pero aínda están moi pequeniños. E ocorreu algo moi extraño coa pipa de Felipe, que se abriu e medrou un pouquiño, pero de un día para outro morreu... Os demais nenos e nenas non tiveron tanta sorte, as súas plantas non medraron nadiña.



Tiveron moita mellor sorte as nenas e nenos da aula de 4-5 anos. Medraron case tódalas súas plantas, excepto as de Nerea e Lara, pero estas nenas puideron ver como cambiaba a súa auga de cor e como desaparecían algunhas das súas sementes.


E MEDRASEN OU NON, O MÁIS IMPORTANTE FOI O QUE APRENDEMOS SOBRE O CRECEMENTO DAS PLANTAS E, SOBRE TODO, O QUE NOS DIVERTIMOS COA NOSA PLANTACIÓN!

martes, 19 de abril de 2016

E ISTO, QUE É?

Esta mañá, ao chegar á clase, atopámonos cuns botes que non tiñan que estar enriba das nosas mesas. Pero non estaban baleiros, senón que estaban cheos de auga cun obxecto estraño no seu interior...


Durante toda a xornada estivemos pendentes dese obxecto e da súa evolución. Ademais, sacamos as nosas propias hipóteses sobre o que aí se podería esconder. Aquí as tendes! Quen acertará?

- Adrián: Primeiro pensei que era o ovo dun Triceratops, pero logo vin a auga e penso que é o ovo dun tiburón que tardará moito en abrirse.
- Amina: É o ovo dunha tartaruga mediana que tardará moito en abrirse. Está na auga porque alí viven as tartarugas.
- Ane: É un ovo de lagarto que se abrirá nun día. Está na auga para que beba, colla moita forza e rompa a cáscara do ovo.
- Antón: É o ovo dunha tartaruga que tardará pouco en abrirse. Está na auga porque alí viven as tartarugas.
- Dylan: É un ovo de lagarto que se abrirá o xoves. Está na auga porque a necesita para beber.
- Elaisa: É o ovo dun xurelo que tardará pouco en abrirse. Está na auga porque os xurelos viven no mar.
- Eliana: É un ovo de dragón que se abrirá de noite. Está na auga porque a precisa para medrar.
- Estela: É o ovo dunha tartaruga moi pequena, o ovo dun bebé tartaruga que tardará pouco en abrirse. Está na auga porque alí viven as tartarugas.
- Felipe: É un ovo de dinosauro que se abrirá en 5 semanas. Está na auga porque o dinosauro vaina beber.
- Iago: É o ovo dun peixe que tardará moito tempo en abrirse. Está na auga porque é un peixe traveso.
- Idania: É o ovo dunha tartaruga pequena que tardará pouco tempo en abrirse. Está na auga porque as tartarugas van para a auga.
- Kevin: É un ovo de dinosauro que se abrirá o mércores. Está na auga porque o dinosauro necesítaa para crecer.
- Lara: É o ovo dunha tartaruga que tardará pouco en abrirse. Está na auga porque alí viven as tartarugas.
- Leonardo: É o ovo dunha ra que tardará pouco en abrirse. Está na auga porque alí viven as ras.
- María: É o ovo dunha tartaruga mariña que tardará pouco en abrirse. Está na auga porque as tartarugas mariñas viven na auga.
- Mauro: É o ovo dun peixe a raias que se abrirá en 4 días. Está na auga porque a precisa para nadar.
- Nerea: É o ovo dunha tartaruga que tardará moito en abrirse. Está na auga porque alí viven as tartarugas.
- Nicolás: É un ovo de dinosauro que se abrirá en 4 días. Está na auga porque a necesita para crecer.
- Pablo: É un ovo dunha serpe que se abrirá en 5 minutos. Está na auga para que a serpe beba.
- Raúl: É un ovo de dragón que se abrirá en 8 días. Está na auga para que o dragón beba.
- Samuel: É un ovo de dinosauro que se abrirá cando pasen 20 días. Está na auga porque o dinosauro necesítaa para medrar.
- Sara: É o ovo dunha tartaruga mariña que tardará moito tempo en abrirse. Está na auga porque é mariña.
- Sofía C.: É un ovo dunha ra que se abrirá en 3 días. Está na auga porque a ra vai ter moita sede cando naza.
- Sofía S.: É o ovo dunha tartaruga que tardará pouco en abrirse. Está na auga porque alí viven as tartarugas.
- Uxía: É un ovo de paxaro que se abrirá en 4 días. Está na auga porque os paxaros beben auga.
- Vítor: É unha cova cun mosquito no seu interior. Está na auga para que o mosquito beba.
- Yanira: É un ovo de dinosauro que se abrirá o luns. Está na auga porque a necesita para crecer.

Mañá, nada máis chegar, comprobaremos qué está ocorrendo con ese ovo ou esa cova que nos chamou tanto a atención e que non puidemos deixar de observar durante todo o día. Seguiremos informando!