Mostrando entradas con la etiqueta curso 2011/2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2011/2012. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de junio de 2012

GRAZAS

Parece que foi onte cando comezou o curso, e xa chegou ó seu fin.
Para min foi estupendo poder ser a mestra dos seis marabillosos alumnos e alumnas deste curso: polas vosas ganas de aprender, pola vosa simpatía, tenrura, ledicia... Acórdome do voso primeiro día de clase, cando tiñades tres aniños (e algúns aínda dous). Agora rematades a etapa de Educación Infantil.
Espero que sigades así na próxima etapa que pronto comezades.
Aproveito para agradecervos unha vez máis ás familias a vosa colaboración e o ben que vos portades conmigo.
E a vós, querid@s Javi, Idaira, Martín, Marta, Xabi e Martina, todas as vivencias deste curso.
Gustaríame despedir este artigo con esta foto que resume como foi o clima na nosa aula.
Unha forte aperta.
Bo verán.
Mª Carmen.

CHEGARON AS VACACIÓNS

Chegou o verán, e con el, as vacacións.
Despois dun curso no que traballamos moito e no que aprendemos moitas cousas, tócanos descansar.
@s Revoltiñ@s desexámosvos a tod@s un BO VERÁN!!!

FOTOS DE FAMILIA


GRADUÁMONOS!!!

Despois de tres anos en Educación Infantil, @s Revoltiñ@s de 5 anos graduámonos!!! A nosa mestra Mª Carmen entregounos os diplomas que o acreditan.
NORABOA, GRADUAD@S!!!



FESTIVAL FIN DE CURSO

Este venres rematou o curso. No centro fixemos un festival e @s Revoltiñ@s actuamos coa canción "Verano". Ademais, @s Revoltiñ@s de 5 anos graduámonos. Foi un día cargado de emocións!!!



O pasado xoves, @s Revoltiñ@s recollemos o premio á mellor curtametraxe (na modalidade de Educación Infantil) do concurso Nós tamén creamos! por "A tartaruga que quería durmir".
Foi unha tarde moi especial na que estabamos moi elegantes,nervios@s, emocionad@s, content@s... e moi ben acompañad@s polas nosas familias.
Foi unha mágoa que a mestra Ana non puidese vir.
Unha vez máis,MOITAS GRAZAS a tod@s cantos fixéchedes posible, dun xeito ou outro, este proxecto: as familias, compañeir@s... e dun xeito moi especial ás mestras Susana e Ana que tanto traballaron.
GRAZAS tamén a tod@s cantos nos felicitáchedes.
Queremos tamén darlle a NORABOA ós centros participantes, polas curtametraxes tan fermosas que fixeron, e ós que gañaron nas demais modalidades.
ENLACES:
-ENTREGA DE PREMIOS NO TELEXORNAL
- ENTREGA DE PREMIOS NA PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA
- FELICITACIÓNS DO CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS
- PÁXINA WEB DO CPI AS REVOLTAS (entrando desde Mozilla Firefox)

sábado, 23 de junio de 2012

MARTA E MARTÍN CUMPREN 6 ANOS

O pasado xoves celebramos os cumpreanos de Martín e Marta.
Sopraron as velas dunha riquísima tarta, cantámoslles, démoslles debuxos... Tamén nos fixeron uns agasallos que nos encantaron... E eles tiveron tamén unha sorpresa!!!
Que ben o pasamos!!!



viernes, 15 de junio de 2012

@S REVOLTIÑ@S GAÑAMOS O 1º PREMIO NO CONCURSO NÓS TAMÉN CREAMOS (EDUCACIÓN INFANTIL)





Hoxe @s Revoltiñ@s estamos moi content@s porque acabamos de saber que a curtametraxe que elaboramos (A tartaruga que quería durmir) foi a premiada no concurso "Nós tamén creamos", no apartado de Educación Infantil.



Podedes consultar a información no seguinte enlace:


http://www.xunta.es/linguagalega/nos_tamen_creamos


e ver a curtametraxe neste outro:


http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos




Moitas GRAZAS: en primeiro lugar ós nenos e nenas, pola súa implicación; ás familias e a tod@s @s que dun xeito ou outro fixéchedes posible este proxecto.

jueves, 14 de junio de 2012

IDAIRA CUMPLE 6 ANOS

Hoxe celebramos o cumpleanos de Idaira. Fixémoslle uns debuxos moi bonitos, tomamos unha tarta moi saborosa e dounos uns agasallos que nos encantaron. Ela tamén tivo unha sorpresa. Canto nos divertimos!!!
Moitas felicidades, Idaira, e que cumplas moitos máis!!!



domingo, 10 de junio de 2012

10000 VISITAS

CHEGAMOS ÁS 10000 VISITAS. 10000 GRAZAS!!!

viernes, 8 de junio de 2012

VISITA SORPRESA

Hoxe @s Revoltiñ@s tivemos unha visita moi especial: a da mestra Sonia. Que content@s nos puxemos!!! Cantas ganiñas tiñamos de verte!!! E por se fora pouco, tróuxonos piruletas, caramelos, balóns e xogos... Pero o mellor premio foi poder estar con ela. Que sorte!!! Moitas grazas por visitarnos. Ata pronto, Sonia!!!

PAULA CUMPLE 4 ANOS

Hoxe celebramos o cumpleanos de Paula. Xa ten 4 anos!!! Fixémoslle uns debuxos, comemos unha tarta deliciosa e dounos chuches!!! Pasámolo moi ben!!!
Felicidades, Paula e que cumplas moitos máis!!!



CONCURSO DE CARICATURAS

Con motivo das Letras Galegas , na aula de 5 anos participamos nun concurso de caricaturas que convocou o equipo de biblioteca. Todas estaban moi ben e ó xurado custoulle moito escoller... pero finalmente gañou Martina.
Noraboa!!!

PLANTAMOS XIRASOLES

Na aula de 5 anos estivemos plantando xirasoles.
Primeiro puxemos terra nunha maceta; despois introducimos as pipas; regamos cunha pouca auga e cubrimos con máis terra.
Para saber de quen é cada maceta puxémoslle unhas tarxetas con forma de xirasol co noso nome.
A medrar!!!



viernes, 25 de mayo de 2012









SAÍDA A VALARÉS

Hoxe fomos ata Valarés.
Alí pasámolo en grande xogando na area cos caldeiros, pás, moldes... Fixemos castelos, árbores, pistas, enormes buratos... collemos algas e cunchas...tocamos a batería...xogamos á pelota... ata fixemos unha representación da esfinxe e das pirámides de Exipto!!!
Á media mañá veu Juan traernos a merenda: unha saborosa palmera de chocolate e un botellín de auga.
Despois de xogar outro anaco na area, chegaron @s nen@s e mestr@s de Educación Primaria (viñeron a pé: vaia camiñata!!!).
Comemos a riquísima comida que nos prepararon as nosas familias!!!
Antes de marchar, aínda tivemos tempo de tomar un xeado e xogar outro pouco.
Foi unha xornada moi divertida!!!









jueves, 24 de mayo de 2012

ALBERTO CUMPLE 5 ANOS

Hoxe @s Revoltiñ@s estivemos de celebración, xa que Alberto cumpríu 5 anos!!! Fixémoslle debuxos, comemos unha saborosa tarta que nos trouxo e agasallóunos tamén con chuches!!!
FELICIDADES, ALBERTO E A CUMPRIR MOITOS ANOS MÁIS!!!


sábado, 19 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Na aula de 3-4 anos preparamos unhas bandeiras galegas e fixemos estas fichas de Valentín Paz Andrade.



LETRAS GALEGAS 2012

Durante esta semana fixemos algunhas actividades relaciondas coas Letras Galegas: traballamos sobre Valentín Paz Andrade (autor homenaxeado este ano); fixemos unha presentación en power point sobre Rosalía de Castro e o poema "Adiós ríos, adiós fontes" ... Aquí van algunhas fotos dos nosos traballos!!!