Mostrando entradas con la etiqueta aula 3/4anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aula 3/4anos. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de noviembre de 2016

Presentámosvos a TIN

Xa temos mascota na aula de 3 e 4 anos! É unha planta e chamámoslle TIN. Para escoller o nome fixemos unha votación e entre varias propostas esta foi a gañadora. Do mesmo xeito establecemos entre tod@s os coidados que precisa para que creza san e forte! Ademais de facernos compañía axudaranos a entender como é o funcionamento dos seres vivos e quen sabe, igual ata nos ensina algo sobre os dinosauros!





 

viernes, 21 de octubre de 2016

Seguimos co outono!

@s revoltiñ@s de 3 e 4 anos comezamos a facer árbores de outono con pintura de dedos... en breve os resultados, pero de momento un pequeno avance... boa fin de semana!






lunes, 26 de mayo de 2014

BRUNO A. CUMPRE 5 ANOS

Hoxe celebramos o cumpreanos de Bruno A. Soprou as 5 velas dun riquísiiiiimoooo biscoito; comemos patacas, galletas e bebemos zumes. Cantámoslle e fixémoslle unha postal.
Pasámolo moi ben!!!
MOITAS FELICIDADES, BRUNO A. !!!
 
 
 

martes, 5 de noviembre de 2013

SOFÍA ESTÁ DE CUMPREANOS

Hoxe celebramos o cumpreanos de Sofía. Cumpríu 3 anos!!!
Fixémoslle unha coroa e unha postal con forma de tarta. E ela trouxo un biscoito e uns zumes riquíiiisimos!!!
MOITAS FELICIDADES!!!
 

 
 
 
 
 
 

sábado, 19 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Na aula de 3-4 anos preparamos unhas bandeiras galegas e fixemos estas fichas de Valentín Paz Andrade.



viernes, 27 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril celebramos o Día do Libro. Para conmemoralo participamos na actividade: QUE LIBRO SALVARÍAS TI? Debuxamos o noso libro preferido e escribimos o título.
Así de binitos nos quedaron!!!



lunes, 12 de diciembre de 2011

NATALIE E IDOIA CUMPREN ANOS

Natalie cumpríu 4 anos e Idoia, 3.

Fixemos unha celebración moi divertida, como podedes ver na seguinte presentación.

Moitas felicidades ás dúas e a cumprir moitos máis!!!




martes, 1 de noviembre de 2011

O SAMAÍN



Na aula de 3/4 anos estivemos traballando sobre o Samaín: decoramos cabazas, coloreamos casas encantadas, fixemos pantasmas... Tamén expuxemos as cabazas que trouxemos da casa. O venres disfrazámonos de vampiros: qué medo!!!

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración coas cabazas. Son espectaculares!!!



















sábado, 12 de febrero de 2011

PROXECTO DA GAIVOTA


Pois si que saben cousas das gaivotas estes nenos/as. Relatovos algunhas das contestacións que me deron cando lles preguntei que era o que sabían eles das gaivotas e do número que levaba na pata a que nos visitou ó cole o pasado mes decembro:
- Viven nas nubes.
-Viven nos nidos porque as vin eu.
- As gaivotas voan e despois baixan.
- Voan e collen unha rama no pico para comela.
- Voan por todos os lados e viven na súa casa.
- Sempren manchan os coches.
- Teñen un pico coma as galiñas.
- Teñen dous ollos dúas patas e un rabo.
- O rabo é como unha I de prumas.
- Come flores, árbores, madeira, ( un di que come peixe).
- Ten unhas letras porque non pode voar.
- As letras é dunha tirita.
- Teñen o número para saber cal é a súa casa.
- O número é para saber cal é das outras gaivotas do seu nido.
- Están no mar e o número é para saber cal é a súa casa.
- O número puxéronllo os homes.

sábado, 5 de febrero de 2011

XARDÍN DA PAZ

ASÍ NOS QUEDOU A NOSA PARCELA DO XARDÍN DA PAZ E AS NOSAS FOTOS NO SÍMBOLO QUE ELABORAMOS PARA ESTE DÍA A NIVEL CENTRO.

30 DE XANEIRO; DÍA DA PAZ

POMBIÑA BRANCA
QUE VOAS NO CEO,
ONDE ESTÁ A PAZ
QUE TANTO QUEREMOS?
ESTÁ CANDO DAMOS
AMOR E AGARIMO
A MOZOS, ANCIÁNS,
E TAMÉN ÓS NENIÑOS.
A PAZ É QUERER
TER SEMPRE AMIGOS.
SER MALO E PELEXAR
NON TEN SENTIDO.
POR ISO SABEMOS
QUE COAS NOSAS MAÍÑAS
HAI QUE CONSTRUÍR
A PAZ AXIÑA.


Aquí están as nosas mans.

lunes, 24 de enero de 2011

UNHA VISITA INESPERADA

Antes do Nadal tivemos unha visita moi inesperada. Apareceu un dia antes de entrar e estivo no cole un bo anaquiño, o día seguinte volveu e o outro dia, así varios dias hasta que de súpeto deixou de visitarnos. Ó principio tiñámoslle medo pero pronto vimos que era moi boa e démoslle palitos, Cantos comía! e ademais era moi lista primeiro estivo na porta da entrada e despois de darlle palitos apareceunos na ventá do cole.Ah! tamén tiña un número na pata, algo así como 221 M, e iso? Temos que averigüalo.Con ela imos iniciar un proxecto.

domingo, 23 de enero de 2011

O CUMPRE DE SARAY

O pasado martes, día 18, celebramos o cumpre de Saray. Non o celebramos o día 16 porque era domingo. Pasámolo moi ben e tivemos moitas sorpresas dentro das piñatas, ( " Para abrila, custounos moito traballo e nervios porque non sabíamos o que había dentro".

lunes, 10 de enero de 2011

O NADAL NA AULA DE 3/4 ANOS

Durante o mes de decembro fixemos moitas actividades na aula de 3 e 4 anos, moitas delas relacionadas coa decoración navideña. En Relixión fixemos un Belén moi fermoso! Nesta presentación ensinámosvos algunhas desas actividades.

domingo, 27 de junio de 2010

ENTREGA DE ORLAS NA AULA DE 3/4 ANOS

Aquí estamos os nenos e nenas de 3 e 4 anos coas orlas que levamos para a casa e coas que poderemos lembrarnos d@s nos@s compañeir@s e mestr@s.

viernes, 11 de junio de 2010

A SERPE SISÍ



Na aula de 3-4 anos, con Martina, contamos o conto da serpe Sisí. Tamén fixemos a serpe con calcetíns e gomets. Quedaron estupendas!

miércoles, 9 de junio de 2010

Na clase de 3-4 anos...

Nas sesións de Estimulación da Linguaxe, coa mestra Martina...facemos exercicios de soplo con matasogras, palliñas e papeis...Que divertido!!!



miércoles, 26 de mayo de 2010

EN RELIXIÓN, NA AULA DE 3-4 ANOS...

...damos Gracias polo que nos rodea...