Mostrando entradas con la etiqueta óso de balea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta óso de balea. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de febrero de 2019

UNHA BALEA EN VALARÉS!

No pasado mes de xaneiro apareceu en Valarés unha balea varada. Os revoltiñ@s coñececíamos esta noticia e mesmo nos achegáramos ata o lugar do suceso! Contámolo no cole e trouxemos noticias e imaxes da balea. Moitas gracias ás familias por colaborar nesta reportaxe! 






A través das noticias que trouxemos puidemos saber que a balea medía cerca duns 20m e queríamos saber canto era iso... Como é moi difícil imaxinar canto de largo son eses metros fomos unindo anacos de lá de 1m cada un! Case nos fai falta todo o corredor!






Tiñamos moita curiosidade por este animal e un día chegou ó cole un estraño elemento... Non sabíamos moi ben o que era así que fomos pasándoo de uns a outros. Algúns/as pensaban que era un óso dun dinosauro,  outros/as que era un dente de balea, un motor... Finalmente descubrimos que era un óso da columna vertebral dunha balea!











viernes, 13 de noviembre de 2015

ÓSO DE BALEA!

Estes días ás nosas aulas chegou un elemento moi singular que ningún de nós víramos antes...
Primeiro pensamos qué podía ser, e tras moito cavilar descubrimos que era un óso de balea!




Logo, pensamos de qué parte do seu corpo podía ser, analizamos se era grande ou pequeno, lixeiro ou pesado, liso ou rugoso, áspero ou suave... Tamén comparamos ese óso co máis longo do noso corpo (o fémur), e comprobamos que era moito máis grande, xa que as baleas son uns dos animais máis grandes do mundo!

Se queremos saber máis delas, aquí temos unha enciclopedia de baleas que nos permitirá aprender moito destes animais tan interesantes!