Mostrando entradas con la etiqueta reciclamos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reciclamos. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de febrero de 2016

PAPELEIRAS DE RECICLAXE!

Esta semana descubrimos que o Polo Norte cada vez ten menos xeo debido ao cambio climático.
Tamén pensamos qué cousas poderíamos facer nós para coidar o medio ambiente, e unha das nosas opcións foi a de reciclar. 
E aquí estamos, creando as nosas papeleiras de reciclaxe para comezar a usalas nas nosas aulas e así axudar a protexer a natureza!



lunes, 30 de marzo de 2015

RECICLAMOS

Durante estas semanas estivemos traballando a reciclaxe: pintamos caixas de cartón nas que posteriormente depositamos o lixo; recortamos de  folletos  diferentes restos e clasificámolos no contedor correspondente; aprendemos a importancia de reciclar...



lunes, 16 de mayo de 2011

MARCAPÁXINAS PRIMAVERAIS

Esta semana fixemos uns marcapáxinas moi primaverais. Primeiro coloreamos paus con pintura de dedo. Cando secou pegamos fieltro en forma de flor. E xa están listos!






domingo, 1 de mayo de 2011

O DÍA DA NAI NA AULA DE 5 ANOS

Durante toda a semana estivemos preparando, con moita ilusión e agarimo, os agasallos para as nosas mamás. Fixemos un libro, un xoieiro e decoramos unhas bolsas.

Esperamos que vos gustasen!

MOITAS FELICIDADES, MAMÁS!



domingo, 20 de marzo de 2011

O DÍA DO PAI

Os nenos e nenas da aula de 5 anos fixemos con todo o agarimo do mundo uns agasallos para os nosos papás: un portafotos e unha postal.
Esperamos que vos gustasen!






martes, 1 de marzo de 2011

FACEMOS OURIZOS

Hai unhas semanas que estamos traballando os animais. Entre outras moitas actividades elaboramos un ourizo.
- En primeiro lugar cortamos pratos de cartón.
- Despois coloreámolos de cor amarela.
- A continuación fixemos a cara coa cor laranxa.
- Por último usamos a pintura negra para o ollo e a boca.
Pasámolo moi ben elaborándoos! E resulta moi doado!

lunes, 10 de enero de 2011

MI BURRITO SABANERO


A partir de cartón elaboramos o burro que representa a panxoliña coa que participaremos no festival do Nadal: "Mi burrito sabanero".

Quedou moi simpático!

CONCURSO DE POSTAIS

Participamos no concurso de postais convocado no centro. Pasámolo moi ben elaborándoas e pensando a mensaxe que queríamos poñer nelas.Ademais usamos uns rotuladores especiais que nos gustaron moito. Expuxémolas e cada unha das aulas gañou un premio! Na aula de 3/4 anos o premio foi o libro "Os tres porquiños" e ós nen@s da clase de 5 anos tocóunos un lote de contos.
Así dá gusto traballar!


O NADAL NA AULA DE 5 ANOS

Na aula de 5 anos tamén fixemos moitas actividades relacionadas co Nadal: bonecos de neve con motivos navideños, árbores, maletíns...
Coa mestra Mª Carmen de Relixión elaboramos un Belén que quedou estupendo.
En inglés, coa mestra Marta, creamos uns renos a partir das nosas mans e pés. Resultou unha experiencia moi divertida!


O NADAL NA AULA DE 3/4 ANOS

Durante o mes de decembro fixemos moitas actividades na aula de 3 e 4 anos, moitas delas relacionadas coa decoración navideña. En Relixión fixemos un Belén moi fermoso! Nesta presentación ensinámosvos algunhas desas actividades.

viernes, 11 de junio de 2010

A SERPE SISÍ



Na aula de 3-4 anos, con Martina, contamos o conto da serpe Sisí. Tamén fixemos a serpe con calcetíns e gomets. Quedaron estupendas!

viernes, 4 de junio de 2010

TRABALLO COAS FAMILIAS SOBRE A PRIMAVERA

Xunto coas familias, os nenos e nenas de Educación Infantil decoramos debuxos sobre a primavera. Con eles e outras actividades que fomos realizando ó longo do curso, colaboramos coa ONG Meniños e participamos nun concurso promovido pola mesma.
Usamos diferentes materiais: plastilina, botóns, distintos tipos de papeis, algodón, ceras, rotuladores, teas, lá, plumas, flores, arroz, lentellas...
Quedaron uns traballos ESPECTACULARES!
MOITÍSIMAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

jueves, 11 de marzo de 2010

TRABALLO EN FAMILIA

CARETAS 5 ANOS

Felicidades polo traballo, familias!

miércoles, 10 de marzo de 2010

TRABALLO EN FAMILIA

Para axudar a adornar as clases de infantil polo Entroido as familias decoraron c@s nen@s unha careta nas súas casas. Todas están moi ben.

Caretas 3/4 anos
Bo traballo familias!

jueves, 4 de marzo de 2010

TRABALLOS PAZ

@s cativ@s de 5 anos fixemos unhas POMBAS DA PAZ decoradas con diferentes materiais que tiñamos pola clase (restos de cores, papeliños, pedaciños de xornal...) Esperamos que vos gusten.