Mostrando entradas con la etiqueta equipo de biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta equipo de biblioteca. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de abril de 2016

FORMACIÓN DE USUARIOS

Esta mañá, coma tódolos xoves, visitamos a biblioteca da nosa escola. Nesta ocasión non elixiríamos ningún libro, senón que alí xa nos esperaba Ana, a mestra de francés e directora do noso colexio.
Teríamos unha pequena sesión con ela para explicarnos algúns dos aspectos máis importantes da nosa biblioteca: Pepiña e as súas pegadas, os carteis do corredor, as normas do lugar, os útiles que alí podíamos atopar, o tipo de libros e a forma de pedilos...
Tras escoitala moi atentamente, ao final da sesión fixemos uns pequenos exercicios onde tiñamos que rodear ou riscar os obxectos que había na nosa biblioteca e as normas de uso da mesma.



martes, 27 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO


O 23 de Abril celebramos no colexio o DÍA DO LIBRO.
O Equipo de biblioteca propuxo como actividades a realización dun conto, ONCE DAMAS ATREVIDAS, en forma de quebracabezas. Cada clase de primaria fixo 2 páxinas do conto, que logo colocamos na parede do corredor da biblioteca do centro. Xa na biblioteca repartimos os premios do concurso de marcapáxinas.



lunes, 26 de abril de 2010

Marcapáxinas

@s nen@s de infantil elaboramos uns marcapáxinas para participar no concurso que promoveu a Biblioteca do centro para celebrar o DÍA DO LIBRO.

Os de 3anos.



Os de 4 anos.



Os de 5 anos.


lunes, 1 de marzo de 2010

Mochila viaxeira


O Venres 20 de Novembro comezamos a levar á casa as nosas mochilas viaxeiras. Estas mochilas forman parte do programa de actividades de estimulación á lectura do equipo de Biblioteca do centro. As primeiras en estrenar esta actividade foron Lara de infantil de 4 anos e Aroa de infantil de 5 anos. Dentro das mochilas, xunto cos libros, contos, revistas e outros materiais relacionados coa lectura, as familias teñen un documento informativo e un caderno no que poden plasmar a súa opinión acerca da experiencia.