Este mes os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, na Hora de Ler dos luns, veñen contarnos contos ás aulas de Educación Infantil.
Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas
lunes, 28 de enero de 2019
domingo, 3 de diciembre de 2017
UNHA SEMANA NO NIÑO
Na clase de 3 anos traballamos os días da semana nas rutinas diarias. Partimos do conto "Unha semana no niño" e estes días fixemos a nosa versión, en forma de ovo. Levarémolo antes de Nadal para a casa xunto cos demais traballos do primeiro trimestre.
Que contentos/as quedamos co resultado!
miércoles, 22 de noviembre de 2017
TODOS/AS SOMOS IGUAIS - TODOS/AS SOMOS DIFERENTES
Na aula de 3 anos escoitamos o conto "Azul y Bertie", que trata da amizade entre dúas xirafas de cores diferentes.
Despois, coloreamos unhas copias en branco e negro das nosas caras, recortámolas pola metade e fómolas pegando nun mural, encaixándoas coas dos demais compañeiros e compañeiras e tamén coa da nosa mascota, Teo, xa que somos impares.
domingo, 22 de octubre de 2017
CONTOS
Na aula de 3 anos estivemos moi atentos e atentas aos contos sobre control de esfínteres.
Esta semana moito nos gustou escoitar "¿Qué tienes en tu pañal?" ou "¿Puedo mirar tu pañal?"
lunes, 2 de octubre de 2017
COMO NOS GUSTAN OS CONTOS
Na aula de 3 anos gústanos moito que nos conten contos. Aquí vedes que atentos/as estamos! Este día contóunolo a mestra Helena.
jueves, 10 de noviembre de 2016
CONTOS
Este martes, dentro da Hora de Ler, algúns nen@s de 6º de Educación Primaria viñeron ás aulas de Educación Infantil a contarnos contos.
Estivemos moi atent@s!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CONTOS,
curso 2016/2017
viernes, 28 de octubre de 2016
NOTA INFORMATIVA: Préstamo de contos da biblioteca
Estimadas familias:
Esta semana comezamos co préstamo de contos da biblioteca. Todos os venres cada nena/o levará na súa carpeta un conto da biblioteca para ler na fin de semana. O conto deberá vir de volta na carpeta os luns.
Grazas pola vosa colaboración.
Bo Samaín e boa fin de semana!
Un saúdo,
O Equipo de Educación Infantil.
Etiquetas:
3-4-5 anos,
biblioteca,
CONTOS,
NOTA INFORMATIVA
jueves, 12 de mayo de 2016
APADRIÑAMENTO LECTOR
Para conmemorar o "Día das Letras Galegas" esta mañá visitaron as nosas aulas os nenos e nenas de 1º ESO, que se transformaron nos nosos padriños e madriñas de ler, xa que nos viñeron contar estas divertidas historias!
MOITAS GRAZAS POLA VISITA! VOLVEDE CANDO QUEIRADES!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
contacontos,
CONTOS,
CURSO 2015/2016,
Día das Letras Galegas
jueves, 28 de abril de 2016
LA MERIENDA DE MARÍA
Recordades cando o ano pasado algunhas familias viñeron lernos un conto ás nosas aulas? Unha delas foi a mamá de María e Bruno Gómez, e tamén doutros dous nenos que chegaron este ano ao colexio: Felipe e Nicolás!
A súa historia era moi especial, xa que foi creada por toda a familia e María era a protagonista! Queredes coñecela? Esta mañá, transformámola en realidade... Mirade, mirade!
A súa historia era moi especial, xa que foi creada por toda a familia e María era a protagonista! Queredes coñecela? Esta mañá, transformámola en realidade... Mirade, mirade!
miércoles, 25 de noviembre de 2015
CONTOS POLA IGUALDADE
Para conmemorar o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" algúns nenos e nenas de 4º da ESO visitaron as aulas de Infantil para realizar unha pequena sesión de contacontos.
miércoles, 11 de noviembre de 2015
CORRE CORRE, CABACIÑA!
Estes días, os Revoltiñ@s deixamos de ser nen@s por un tempo para transformarnos nos invitados dunha voda moi festiva, nos animais que alguén atopa polo carreiro e nos narradores dunha historia moi divertida. Gústanvos os nosos atuendos?
Aínda que neste conto faltan algunhas personaxes. Onde irá a avoa? E a cabaza? Unha voda non existe sen uns noivos... Haberá algún animal máis polo carreiro?
Ao mellor coñecémolos mañá na "Romería de Inverno no Verán de San Martiño". Moi pronto saberemos máis. Polo momento, podemos bailar ao ritmo desta canción tan animada!
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CONTOS,
CURSO 2015/2016,
obra de teatro,
outono
miércoles, 4 de noviembre de 2015
O BAÚL DOS REVOLTIÑ@S
Como vos dixemos, Fiz enviounos ao colexio o seu baúl dos medos. Despois de ler a súa historia, os Revoltiñ@s pensamos naquilo que nos aterraba, e saíron moitos medos: avispas e abellóns, tigres, arañas, elefantes, camaleóns, serpes, lobos, pelexas de toros e dinosauros, zombies, pantasmas, bruxas...
Iso si, grazas a Fiz descubrimos que se, coma el e os seus amigos, introducimos os nosos medos nese baúl e ao pechalo rimos a gargalladas, conforme as nosas risas se fan máis grandes, os nosos medos fanse cada vez máis pequenos...
Iso si, grazas a Fiz descubrimos que se, coma el e os seus amigos, introducimos os nosos medos nese baúl e ao pechalo rimos a gargalladas, conforme as nosas risas se fan máis grandes, os nosos medos fanse cada vez máis pequenos...
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CONTOS,
CURSO 2015/2016,
samaín
sábado, 31 de octubre de 2015
FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS
Este xoves tamén chegou ás nosas aulas un novo conto: "Fiz, o coleccionista de medos" e un baúl misterioso que nos enviaba o protagonista da historia... Que ocorrerá con el? Nos próximos días poderémolo averiguar...
Etiquetas:
3-4-5 anos,
CONTOS,
CURSO 2015/2016,
samaín
domingo, 27 de septiembre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




























