Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas.. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de mayo de 2013

CONMEMORAMOS AS LETRAS GALEGAS

@s Revoltiñ@s conmemoramos o Día das Letras Galegas. Este ano o escritor homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño. Coñecemos algúns datos sobre a súa vida e completamos estas caricaturas. Esperamos que vos gusten.
 

sábado, 21 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS

O epuipo da biblioteca organizamos para as letras galegas un xardín de flores, cada unha das flores vai adicada a unha temática, e os pétalos de cada flor levan unha palabra en galego referida o tema elixido. Os nenos/as de 3-4 anos propúxenlles que me dixeran os nomes dos "Amigos da gaivota", (animais do mar).
Primeiro elaboramos a flor.




Despois puxemos o nome e o debuxo do animal elixido.




jueves, 19 de mayo de 2011

A FLOR COS NOMES DE ANIMAIS EN GALEGO

Esta semana fixemos unha actividade para conmemorar as Letras Galegas: consistíu en que @s nen@s de cada aula do colexio decoramos unha flor e en cada pétalo tiñamos que poñer nomes (a nós tocáronnos os animais). Aquí van unhas fotografías!


martes, 17 de mayo de 2011

ASÍ VEMOS A LOIS PEREIRO NA AULA DE 5 ANOS

A semana pasada estivemos facendo actividades relacionadas con Lois Pereiro. Aprendemos moitas cousas sobre el usando o encerado dixital interactivo (quebracabezas, contos...). Tamén aprendemos o que é unha caricatura e intentamos facer unha sobre este autor. Qué vos parece?

lunes, 16 de mayo de 2011

MARCAPÁXINAS PRIMAVERAIS

Esta semana fixemos uns marcapáxinas moi primaverais. Primeiro coloreamos paus con pintura de dedo. Cando secou pegamos fieltro en forma de flor. E xa están listos!






miércoles, 12 de mayo de 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas. No colexio estas últimas semanas estamos a realizar nas aulas distintas actividades relacionadas con este día. Este ano adícase a Uxío Novoneira, escritor do Courel.



@s de Infantil estamos traballando sobre un conto que escribiu:Ilda, o corzo,o lobo e o xabaril.
Na pizarra dixital xogamos e fixemos actividades que adaptaron @s mestr@s de Frián-Teis.
Tamén o podedes facer clicando na imaxe...



Entre as dúas clases de infantil adaptamos o conto con distintas técnicas e materiais, que logo colocamos no corredor de infantil.