Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de noviembre de 2017

XOGANDO CON PLASTI...

Na aula de 3 anos estivemos perfeccionando a motricidade fina xogando con plastilina ao mesmo tempo que desenvolvemos a creatividade, xa que fixemos moitas creacións (animais diversos, churros, casas, pulseras, granxas...). 








lunes, 2 de octubre de 2017

XOGOS NA AULA

Na aula de 3 anos estamos facendo diversas actividades. Unha das máis importantes, aínda que non o pareza é o xogo. Mirade que ben o pasamos!
 

martes, 11 de octubre de 2016

XOGOS

Durante estas primeiras semanas de curso fomos aprendendo moitas cousas: coñecemos a nov@s compañeir@s, recordamos normas básicas de convivencia, comezamos a facer algúns traballos... Unha actividade que nos gusta moito é xogar. Aquí podedes vernos manipulando a plastilina, entre outros xogos.



 

lunes, 2 de mayo de 2016

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE

Esta mañá, a profe Paula non puido vir a clase, polo que hoxe tivemos unha sesión de psicomotricidade moi privameral con Mª Carmen e Rocío.

Comezamos co quecemento, a partir dunha historia onde éramos uns grandes exploradores campestres que decidiron darse un baño nun río. Estiramos tódolos nosos músculos imaxinando mil e unha maneiras de nadar. Logo, tivemos que secarnos, movendo tódalas partes do noso corpo. 




Máis tarde, transformámonos en animais de primavera, e fixemos carreiras dun lado a outro da pista movéndonos coma eles: bolboretas, xoaniñas, caracois, paxaros, saltamontes...





Tamén nos transformamos en abellas, que por parellas voamos polo patio ao son dun pandeiro. Cando deixabamos de escoitar a música, era hora de agocharse na nosa flor, que en realidade era un aro. Ao principio todos tiñamos flores, pero pouco a pouco ían desaparecendo e algunhas abellas quedabamos sen lugar!



E xa para rematar esta sesión e relaxarnos tranquilamente, transformámonos en flores que espertaban e adormecían, recollendo e estirando tódalas partes do noso corpo!




Ademais, aproveitamos o momento para visitar a nosa maceira. Como estes días non choveu nada, Sara e Felipe, os encargados do día, foron os nenos escollidos para regala!



lunes, 20 de octubre de 2014

XOGAMOS NOS RECUNCHOS

Xogamos nos diferentes recunchos da aula: na cociña, nos puzzles, nas construccións, cos coches, coa pizarra...
Que ben o pasamos!!!

lunes, 15 de noviembre de 2010

XOGAMOS NO AREEIRO

O venres, 5 de novembro, fixo unha tarde moi boa e aproveitamos para xogar no areeiro cos caldeiros, pás, camións, moldes... Pasámolo moi ben!!!