miércoles, 16 de marzo de 2016

SEMANA CULTURAL: MÉRCORES

No CPI "As Revoltas" estase a celebrar a Semana Cultural! Aproveitando os tres últimos días de trimestre, no colexio realizaremos algunhas actividades distintas ás habituais...

Esta mañá, os Revoltiñ@s recibimos a visita de Galicia, a mestra de Pedagoxía Terapéutica de Educación Secundaria. Impartiu un Obradoiro de Musicotricidade no que nos divertimos moitísimo utilizando tódalas partes do noso corpo. Mirade as nosas caras de felicidade!

E no recreo, puidemos sacar unha foto con José Miguel Figueira, un xogador do Deportivo B entre 1994 e 1998 e irmán da profe Paula, e tamén con Javier Manjarín, un dos dianteiros do "Súper Dépor" entre 1993 e 1999. Seguro que moitos papás e moitas mamás os recordades!


E xa para rematar este día, á nosa aula chegou Álex, un alumno de 4º ESO que nos veu falar sobre os distintos tipos de animais (domésticos, de granxa, salvaxes...) e a contarnos algunhas curiosidades moi interesantes!


FOI UN DÍA DIFERENTE E PASÁMOLO MOI BEN!

No hay comentarios: