E despois de contarnos a historia, Patricia regalounos a cada un de nós unha carpeta que contiña este conto xunto a outros materiais para debuxar e colorear. Moitas grazas!
sábado, 12 de marzo de 2016
CONTACONTOS: OS BOLECHAS
Este venres os Revoltiñ@s recibimos a visita de Silvia Losada, quen acompañada do alcalde e outros membros do Concello, veunos contar unha historia protagonizada polos Bolechas. Pero esta era unha historia moi especial, xa que o conto transcorría pola Costa da Morte. Titulábase "Os Bolechas van ao GAC Costa da Morte". Acompañados dun flotador con forma de balea, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa visitaron algunhas das localidades que conforman este territorio: Muxía, Camariñas, Vimianzo, Laxe, Cabana, Ponteceso, Malpica, Carballo e A Laracha.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario