viernes, 18 de marzo de 2016

SEMANA CULTURAL: XOVES

Os Revoltiños seguimos coa Semana Cultural! O xoves estreamos a mañá acudindo ao Auditorio Municipal, onde nos esperaba unha contacontos. Alí estaba Verónica Rilo acompañada do músico Carlos Quintá!


Puidemos escoitar a historia do Vicentiño, e outras moi coñecidas por todos nós!







A media mañá visitounos un antigo mestre do noso colexio: Xurxo! El foi o encargado de ensinarnos cómo se traballaba coa escaiola. Decidimos facer a esfinxe de Tutankamón, e para iso empregaríamos como modelo a cara da profe Mª Carmen! Tralas vacacións, seremos nós os encargados de pintala para logo expoñela no noso museo do Antigo Exipto!

E xa para rematar o día, todos xuntos vimos unha película moi divertida cuxos protagonistas eran uns coelliños de Pascua!


No hay comentarios: