A que petou na porta foi María, a mamá de Antón! El encargouse de presentárnola e explicarnos que a súa profesión era a de farmacéutica. Chegou cargada con moitas bolsas e nela traía instrumentos e ferramentas moi interesantes...
Descubrimos que o símbolo das farmacias era unha cruz verde, e que ela necesitaba unha bata branca e unha chapa morada para traballar. Tamén precisaba dun ordenador e da nosa Tarxeta Sanitaria!
Logo, vimos algunhas das menciñas que podíamos tomar cando estamos enfermos, e tamén outros que nos axudan a curar os golpes e as feridas que nos facemos. É moi importante ler os prospectos antes de usar calquera medicamento, e só nolo pode dar un adulto! E tamén nos ensinou o que facía antes de dispensar calquera produto!
Ademais, descubrimos que nas farmacias non só se vendían menciñas. Tamén teñen pastas e cepillos de dentes, termómetros, cremas solares...
E xa para rematar, explicounos que os medicamentos caducados e os que xa non usamos tamén se poden reciclar no Punto Sigre!
Moitas grazas por ensinarnos tanto e tamén polos regaliños que nos deixaches! Seguro que agora cando vaiamos a unha farmacia nos fixamos moito máis. Volve cando queiras María!
No hay comentarios:
Publicar un comentario