Foi Lucía, a mamá de Raúl, a que chegou á nosa aula! El encargouse de presentala e de contarnos que a súa nai era topógrafa. Lucía chegou cargada con grandes fotografías dalgunhas das estradas que ela deseñara, e tamén outras das súas obras onde puidemos ver algunhas das máquinas coas que traballaba. Ademais, descubrimos a gran importancia do chaleco e do casco no seu traballo. O que máis nos gustou foi observar paisaxes ao lonxe a través dun aparato que ela usaba no seu día a día!
Moitas grazas por ensinarnos tanto e por responder a tódalas preguntas que che fixemos! Volve cando queiras Lucía!
No hay comentarios:
Publicar un comentario