Visitamos o Ecomuseo "Forno do Forte"! Alí xa nos esperaba Lola, quen nos ensinou como era a casa dun oleiro, as ferramentas que usaban, algunhas das artesanías que creaban...
O que máis nos gustou foi soprar no chifre de barro que nos prestaron!
E para repoñer forzas... Unhas ricas galletas!
Logo visitounos o oleiro para explicarnos como traballaba co barro. Ademais, en menos de cinco minutos, xa nos fixera un peto para gardar as nosas moedas!
E, por suposto, nós tamén puidemos crear as nosas figuras de barro! Encantounos!
FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO MOI BEN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario