martes, 15 de noviembre de 2016

Presentámosvos a TIN

Xa temos mascota na aula de 3 e 4 anos! É unha planta e chamámoslle TIN. Para escoller o nome fixemos unha votación e entre varias propostas esta foi a gañadora. Do mesmo xeito establecemos entre tod@s os coidados que precisa para que creza san e forte! Ademais de facernos compañía axudaranos a entender como é o funcionamento dos seres vivos e quen sabe, igual ata nos ensina algo sobre os dinosauros!





 

No hay comentarios: