Esta
semana tivemos unha sorpresa nas aulas de Educación Infantil. Cando
chegamos ao colexio estaba o corredor cheo de pegadas que ían ata as
nosas aulas. Pensamos que poderían ser de dragón, de dinosauro... pero
finalmente descubrimos un sobre que contiña unha carta na que nos
explicaban que as pegadas eran do león Simba, que vai ser a nosa mascota
este curso!
Ademais,
deixounos tarxetas coas que marcamos diferentes elementos das aulas
(perchas, mesas,...). Cada unha tiña o noso nome e a que será tamén a
nosa mascota: para 3 anos o toco Zazú; para 4 anos o xabaril Pumba e
para 5 anos o suricato Timón. Simba tamén nos trouxo o conto " As
xirafas non poden bailar".
Despois, decoramos os manteis que imos usar nas merendas.
Aquí tedes algunhas fotografías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario