O luns celebrouse o Día Universal da Infancia. En Educación Infantil quixemos traballar esta temática, adaptándoa á idade dos Revoltiños e Revoltiñas.
Vimos no EDI unha adaptación do conto "Café dulce, café amargo" e despois de comentalo pensamos nos dereitos que deberían ter todos os nenos e nenas do mundo.
Plasmámolos na flor que podedes ver nas imaxes. Os nenos e nenas de 3 anos fixeron a base con cores, utilizando pintura de dedos e os de 4 e 5 escribiron os dereitos que propostos e ademais elaboraron un libro con eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario