Como cada 25 de novembro celébrase o Día contra a violencia de xénero.
Tanto no centro como en Educación Infantil fixemos diversas actividades: falamos da importancia de cumprir normas básicas de convivencia (adaptado á idade d@s nen@s), resaltamos valores como a tolerancia e o respecto; vari@s nen@s da ESO contáronnos dous contos sobre esta temática ("O meniño Nito: Entón os homes choran ou non? " e "Un día de Treboada"); agasalláronnos con globos; tamén aprendemos que a cor que representa este día é a violeta e puxemos uns lazos desa cor.
2 comentarios:
Pasamos unha hora estupenda! Moitas grazas a vós tamén.
Ata cando queirades!!!
Grazas!!!
Publicar un comentario