sábado, 12 de febrero de 2011

PROXECTO DA GAIVOTA


Pois si que saben cousas das gaivotas estes nenos/as. Relatovos algunhas das contestacións que me deron cando lles preguntei que era o que sabían eles das gaivotas e do número que levaba na pata a que nos visitou ó cole o pasado mes decembro:
- Viven nas nubes.
-Viven nos nidos porque as vin eu.
- As gaivotas voan e despois baixan.
- Voan e collen unha rama no pico para comela.
- Voan por todos os lados e viven na súa casa.
- Sempren manchan os coches.
- Teñen un pico coma as galiñas.
- Teñen dous ollos dúas patas e un rabo.
- O rabo é como unha I de prumas.
- Come flores, árbores, madeira, ( un di que come peixe).
- Ten unhas letras porque non pode voar.
- As letras é dunha tirita.
- Teñen o número para saber cal é a súa casa.
- O número é para saber cal é das outras gaivotas do seu nido.
- Están no mar e o número é para saber cal é a súa casa.
- O número puxéronllo os homes.

No hay comentarios: