Como sabedes, durante estas primeiras semanas de trimestre estivemos aprendendo moito sobre os Inuits. O pintor francés Henri Matisse pintou unha obra que titulou "O Esquimó", e nós decidimos traballar sobre ela...
Os Revoltiñ@s iniciámonos na "Filosofía para nenos" a partir de distintas actividades que nos fan pensar, razoar, desenvolver a creatividade e a imaxinación e dialogar cos compañeiros.
Nesta ocasión, presentámoslle ao alumnado o cadro, completamente cuberto por unha serie de post-it. Conforme pasaban os días, o encargado correspondente decidía os post-it que quería sacar, para así pouco a pouco ir descubrindo a imaxe que se ocultaba tras eles. Cada neno debía observala e cada día expresarlle aos demais qué era o que el ou ela vía...
Queredes saber as respostas? Aquí as tendes:
- Adrián: Un galo, un trineo, dous cactus e un trineo...
- Amina: Un galo...
- Ane: Un oso polar, un esquimó, unha balea, un esquimó, unha bóla de xeo...
- Antón: Unha galiña, un trineo, unha pranta...
- Dylan: Unha tartaruga, auroras boreais, unha balea, unha balea, unha foca...
- Elaisa: Unha galiña, un trineo...
- Eliana: Un galo, unha balea, unha balea, unha balea, unha balea...
- Felipe: Unha galiña, unha balea, un oso polar, un oso polar, unha balea...
- Iago: Un galo, un iglú, unha pranta e unha lúa...
- Idania: Un galo, un trineo...
- Kevin: Un elefante, un esquimó, unha árbore, un esquimó, un esquimó...
- Lara: Unha galiña, moita neve...
- Leonardo: Un copo de neve...
- María: Un cactus, unha sinal, un ramo...
- Mauro: Unha galiña, un salmón, unha bandeira con follas, unha balea, unha bandeira de esquimó con neve e xeo...
- Nerea: Unha galiña...
- Nicolás: Unha galiña, unha balea, un oso polar, un oso polar, un oso polar...
- Pablo: Unha torre, unha balea, unha balea, unha balea, unha balea...
- Raúl: Un mono, unha balea, unha balea, unha balea...
- Samuel: Un can ártico, un oso polar, unha balea, un esquimó, unha morsa...
- Sara: Unha galiña, moita neve, unha balea e unha pranta...
- Sofía C.: Un zapato, un oso polar, un oso polar, un oso polar, un oso polar...
- Sofía S.: Unha galiña, un iglú, uns esquimós...
- Uxía: Unhas prantas, moita neve, unha bóla de neve...
- Vítor: Unha folla, un esquimó, un esquimó, un esquimó, un esquimó...
- Yanira: Unha árbore, un avión, unha balea, unha balea...
No hay comentarios:
Publicar un comentario