jueves, 11 de febrero de 2016

ADEUS INUITS!

Esta semana dicimos adeus aos inuits, recordando todo o aprendido durante o mes de xaneiro. Moitas grazas a tódalas familias que aportáchedes estes materiais tan interesantes!


Mirade que ben quedou a exposición de todos estes elementos!


Que tal combinan co particular Polo Norte que creamos á entrada das nosas aulas? Con iglú incluído!


Iso si, o inverno seguirá nas nosas aulas unhas semaniñas máis, e serán as nosas fiestras as encargadas de recordarnos en qué estación do ano nos atopamos!

No hay comentarios: