Como cada 30 de xaneiro, conmemórase o día da Paz. Un curso máis, fixemos unha convivencia entre os nenos e nenas do CRA Os Remuiños e os/as de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria do CPI As Revoltas.
Primeiro vimos unha representación do conto "O parruliño feo". Despois participamos en seis talleres diferentes, relacionados co conto e coa paz (decoración dun cisne, creación dun lago de diversidade, lectura de contos, realización dun marcapáxinas personalizado, participación no taller de luz e elaboración dun calendario). Ademais, cada equipo, en cada taller, tiñamos que selar un "pasaporte" co cal puidemos conseguir unha peza dun puzzle, a cal nos deu acceso a un código co que puidemos abrir unha caixa na que había unha sorpresa!
Foi unha xornada intensa, na que nos divertimos, aprendemos, xogamos, ... en definitiva, na que tratamos de convivir en paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario