viernes, 29 de enero de 2016

XUNTANZA CO CRA

Esta mañá os Revoltiñ@s pasámolo moi ben cos nosos compañeir@s do CRA "Os Remuíños" celebrando o Día da Paz!

Nada máis chegar, no Auditorio puidemos ver o vídeo no que interpretamos "Eu teño alguén...".

Logo, fixemos varios grupos e decoramos un corazón de papel debuxando aquilo que nós tiñamos no noso corazón. Un dos membros de cada equipo foi o encargado de explicarlle a todos o que os seus compañeir@s acababan de debuxar!


Seguidamente, botamos a correr xogando ao "Stop" todos xuntos!


E para repoñer forzas, degustamos unha rica merendola!


E xa para rematar este día, regalamos os nosos corazóns a un compañeir@!



FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO MOI BEN!


No hay comentarios: