martes, 7 de mayo de 2019

VISITAMOS A CASA DOS PEIXES

Este martes fomos ata A Coruña, onde visitamos a Casa dos Peixes. 
Explicáronnos que alí viven algúns tipos de animais mariños:  estrelas e cabaliños de mar, morenas, medusas... Os que máis nos chamaron a atención foron o tiburón e as focas, ás que puidemos ver cando lles daban de comer. 
Observamos tamén que había algúns ósos de balea e ata unha silueta deste animal, que nos recordou á balea de Valarés. 
Chamáronnos a atención unha serie de figuras que estaban colgadas do teito e tamén na parede. Contáronnos que son figuras feitas con lixo (tapóns, cordas...) que se atopa nas praias, co cal entendemos o importante que é coidar o noso medio.
Tamén nos fixamos que cerca da Casa dos Peixes está a torre de Hércules.
Foi unha visita moi divertida!



No hay comentarios: