No pasado mes de xaneiro apareceu en Valarés unha balea varada. Os revoltiñ@s coñececíamos esta noticia e mesmo nos achegáramos ata o lugar do suceso! Contámolo no cole e trouxemos noticias e imaxes da balea. Moitas gracias ás familias por colaborar nesta reportaxe!
A través das noticias que trouxemos puidemos saber que a balea medía cerca duns 20m e queríamos saber canto era iso... Como é moi difícil imaxinar canto de largo son eses metros fomos unindo anacos de lá de 1m cada un! Case nos fai falta todo o corredor!
Tiñamos moita curiosidade por este animal e un día chegou ó cole un estraño elemento... Non sabíamos moi ben o que era así que fomos pasándoo de uns a outros. Algúns/as pensaban que era un óso dun dinosauro, outros/as que era un dente de balea, un motor... Finalmente descubrimos que era un óso da columna vertebral dunha balea!

No hay comentarios:
Publicar un comentario