sábado, 22 de diciembre de 2018

NADAL

Este venres tivemos unha xornada especial no colexio.
Primeiro, os nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro representaron dúas obras que nos gustaron moito. 
A continuación chegaron os Reis Magos. Entregámoslles as cartas que lles escribimos desde o colexio, saudámolos  e agasalláronnos con un estuche que contiña un cepillo de dentes e un reloxo de area.
Despois fixemos unha festa na aula cos doces que nos ´mandáchedes as familias. Bailamos, sacamos fotografías... Divertímonos moito!
E por último collemos os nosos traballos, boletíns de notas e agasallos  e despedímonos ata a volta das vacacións!

 
 

No hay comentarios: