Como sabedes, durante este primeiro trimestre, as mestras Martina e Raquel estiveron facendo o Practicum nas aulas de Educación Infantil e remataron as prácticas este venres.
Onte despedímonos delas e tamén tiveron uns agasallos para nós!
@s Revoltiñ@s queremos agradecerlles toda a axuda que nos prestaron durante estes meses, as atencións que tiveron con nós, o agarimo co que nos trataron, todo o que nos ensinaron e nos coidaron... e desexámoslles MOITA SORTE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario